Copa da Costa: as diferencias estréitanse na loita copeira

23:13 01/05/18
A nosa benquerida Copa da Costa sempre nos da sorpresas. Os equipos en teoría inferiores crécense ante rivais potentes, dan o mellor de sí e sacan rédito das súas virtudes, exponencialmente aumentadas ante a posibilidade de ir pasando roldas. No partido de ida de 16º de final comprobouse que as distancias, a un ou dous partidos, non é tanta como aparenta. Os equipos de Preferente sufriron, caendo derrotado o Sofán en Baiñas nunha boa tarde, outra máis, de Pablo Muíño, e o Xallas só venceu por 1-0 ó Cee, que a pesar de ir con numerosas baixas aguantou o temporal.
Os de 1ª tampouco tiveron un camiño de rosas, especialmente o Soneira, que igualou co recén ascendido Ameixenda, e o San Lorenzo, que venceu pola mínima ó Corcubión. Baio e Fisterra sí que foron superiores a Malpica e Porteño e case que deixaron sentenciadas as eliminatorias. Así fixo tamén a Esteirana, campión da Costa, ante o Camelle, e o Muxía ante o Volantes de Baño. Dous tantos de vantaxe teñen Zas, Outes e Puenteceso ante Seaia, Lira e Cabana. No resto, igualdade e marcadores apretados.
BAÍÑAS S.D. 3 - S.D. SOFÁN 2
0-1 6´Raúl 1-1 11´Pablo Muíño 1-2 25´Alexandre 2-2 36´Mayor 3-2 88´Pablo Muíño
PORTEÑO 0 - FISTERRA 2
0-1 19´Breixo 0-2 89´Pejo en pp
VOLANTES DE BAÑO 0 - MUXÍA 3
0-1 34´Adrián Alcaina 0-2 43´Manu Nogueira 0-3 89´Conguito
NANTÓN 0 - CORME 1
0-1 35´Sergio Sueiro
MONTE LOURO 1 - CAMARIÑAS 1
0-1 54´Djibi 1-1 73´Adrián
AMEIXENDA 0 - SONEIRA 0
CORISTANCO 0 - CASTRIZ 0
SAN LORENZO 3 - CORCUBIÓN 2
1-0 9´Mario 1-1 16´Gabriel 1-2 18´Antón Lestón 2-2 54´Brais Cancela 3-2 56´Diego Varela
MALPICA 0 - BAIO 3
0-1 23´Martín 0-2 26´Pablo Novo 0-3 66´Rubio
SP. ZAS 2 - SP. SEAIA 0
1-0 36´Rubio 2-0 87´Fabián
LIRA 0 - OUTES 2
0-1 44´Yago Dosil 0-2 76´Mario
XALLAS 1 - U.C.CEE 0
1-0 34´Doro
CERQUEDA 0 - BUÑO 0
ESTEIRANA 6 - CAMELLE 1
1-0 3´Jaime 2-0 17´Manu Tobío 3-0 18´Josiño Barreiro 4-0 51´Alex Rama 4-1 73´Rodrigo 5-1 74´Rober Pladur 6-1 83´Brais
PONTECESO 2 - CABANA 0
1-0 66´Luca 2-0 90´Iván Rodríguez

