Venres. 29.03.2024
El tiempo

Xandre e Mariolo, os Premio Alex Pombo das Ligas da Costa

Xandre e Mariolo Mellores porteiros do Futbol da Costa 2023-Fotos-JParri
Xandre e Mariolo en fotos de Jorge Parri
Xandre e Mariolo, os Premio Alex Pombo das Ligas da Costa

Despois de coñecer os dous dianteiros que levarán os Trofeos aos Pichichis das Ligas da Costa, toca botar un ollo aos nosos gardametas, aos dous porteiros que levarán para as súas casas os prezados balóns da Olería de Buño polos Trofeos Álex Pombo aos porteiros menos goleados da 2ª e 3ª Galicia. Uns premios que se entregarán na VIII Gala do Fútbol da Costa QPC da que pronto teredes novas.

A clasificación este curso vese condicionada porque moitos dos clubs optaron por unha medida fantástica, como é a de rotar os porteiros cada semana, de xeito que varios dos porteiros dos equipos que recibiron menos tantos non optan ao trofeo por non cumplir o mínimo de partidos. É o caso de Sergio, do Baíñas, que só recibía 5 goles pois só disputou 14 partidos. Ou é o caso dos porteiros do San Lorenzo, ou Muxía, dous dos equipos menos goleados da Liga da Costa.

Finalmente, na Liga da Costa temos un repetidor, dando conta de que xa é un dos grandes referentes da comarca: Xandre, porteiro muradán, xa recibíu o ano pasado o premio (que entregábamos ás dúas categorías conxuntamente) e repite nesta 22-23. Moi preto quedaron os Rubín García (Coristanco), Álex Pouco (Outes) ou Maikel (Cee).

PREMIO ALEX POMBO 2ª Gal. Goles Partidos Media
Xandre (Muros) 34 27 1,259259259
Rubén García (Coristanco) 29 21 1,380952381
Alex Pouso (Outes) 31 22 1,409090909
Maikel (Cee) 39 27 1,444444444
Jorge (Camariñas) 40 25 1,6
Non chegan ao mínimo de partidos (73%): 22
Benja (San Lorenzo) 12 15 0,8
Joselu (Muxía) 17 19 0,8947368421
Domingo (MUxía) 14 13 1,076923077
Puyol (San Lorenzo) 19 16 1,1875
Damián (Ponteceso) 27 18 1,5
Juanjo (Castriz) 33 18 1,833333333

Na 3ª, a cousa está igual de dividida, quedando fóra da pelexa os metas do Baíñas ou do Laxe, e quedando finalmente como o Pombo da 3ª, Mariolo, o porteiro do Porteño, por diante de Darío (Buño), David Caamaño (Camelle) ou Pereiras (Zas).

PREMIO ALEX POMBO 3ª Gal. Goles Partidos Media
Mariolo (Porteño) 22 21 1,047619048
Darío (Buño) 23 19 1,210526316
David Caamaño (Camelle) 26 19 1,368421053
Adrian Reborido "Pereiras" (Zas) 43 26 1,653846154
Non chegan ao mínimo de partidos (73%): 19
Sergio (Baíñas) 5 14 0,3571428571
Joel (Baíñas) 16 12 1,333333333
Jacobo (Laxe) 24 17 1,411764706

Novas relacionadas

Comentarios