O Corme volve quedar campión da Copa da Costa Xuvenil
A xornada sabatina de fútbol base completábase coa final da Copa da Costa Xuvenil, disputada en Xaviña (Buño). Se pola mañá eran Outes e Cerqueda os protagonistas copeiros, pola tarde tocoulle ao Corme alzar o título. Un título máis, o terceiro consecutivo
Baixo un ambiente espectacular o cadro cormelán, a presión puido no deportivo, deixando un partido tremendamente tenso e igualado pero sen demasiado fútbol. O Corme intentou dominar algo na primeira e Rubén abría o partido cun bo gol dende a frontal. O Xallas intentábao e puido marcar cun balón de falta que se estrelou contra o longueiro.
Na segunda, o Xallas, con máis corazón que cabeza, meteu atrás aos azulóns, e cada balón parado era unha xogada de perigo. Pero a pesar dos varios paus, o Corme, que tamén puido sentenciar á contra, conseguiu aguantar e sumar o seu cuarto título da Copa da Costa Xuvenil, dedicado ademais a Lucas Vicente Vidal, o colexiado cormelán falecido o ano pasado.