Fermosa mañá de Fútbol Base costeiro en Agra da Filgueira. O campo de Louro acollía as finalísimas da #CopadaCosta Infantil e Cadete cun ambientazo espectacular
Ambientazo en Agra da Filgueira. Foto Xose SendonO Outes, campións Infantil
Arrincaba coa final infantil, que enfrontaba a Xallas e Outes. Gañou o cadro da Serra por 2-3, nunha final emocionantísima, e puido recibir a Copa de campión.
Tamén os xalleiros puideron erguer unha copa, a de campión de Liga.
O Xallas Infantil recollendo a Copa de subcampión de Copa e de campión de Liga
De seguido, entraban no campo os finalistas da categoría Cadete. Muxía e Cerqueda protagonizaron un partidazo que levou o equipo cerquedán por 0-2.
A festa do Fútbol Base costeiro demostrou o temporadón dos 4 equipos.