Martes. 30.04.2024
El tiempo

Denuncian o “exhibicionismo reiterado” dun colexiado na 3ª Feminina Galega

o arbitro en cuestion EGG no Nicrariense Dumbria feminino
O árbitro en cuestión, E.G.G. dando a man ao comezo do choque ás capitáns do Nicrariense e do Dumbría no choque da 3ª Galega
Denuncian o “exhibicionismo reiterado” dun colexiado na 3ª Feminina Galega
Viñan de lonxe as queixas das xogadoras do Dumbría, contra o colexiado E.G.G. que esta fin de semana pitou o seu partido en Negreira da 3ª Galega. Xa o ano pasado o club metera unha denuncia ante a Federación tras unha arbitraxe soberbia na que unha das frases que sacaba de quicio a todo o mundo foi así: “Tranquilas, tranquilas que estamos nun partido de chicas”.

Daquela a Federación enviara varios partidos á neveira ao colexiado, que parecía con gañas de devolverlla neste pasado partido deste domingo en Negreira.

Durante o partido o colexiado tratou con condescendecia ás xogadoras do cadro costeiro, ademais de amargarlles o choque, con continuas faltas en ataque, tarxetas por apenas abrir a boca ou preguntar canto tempo faltaba, ademais de numerosos erros nas apreciacións en xogadas puntuais. Ademais, o colexiado expulsaba ao adestrador dumbriés Santi Lira e á xogadora Eva Lema no treito final. A situación era tan ridícula que tanto nas bancadas como no campo, afeccionadas e xogadoras do Nicrariense pedían desculpas ao equipo dumbriés ante a incomodide vivida coa arbitraxe, sentindo vergoña allea pola situación.

Pero o máis grave aínda estaba por chegar. Foi ao remate do partido. As xogadoras do Dumbría, despois de ducharse, saían polo corredor do Cepelo, e tiveron que ver como o colexiado estaba coa porta aberta falando, completamente espido sen intencion mínima de taparse, co delegado local. “É a segunda vez que nos acontece”, sinalan as xogadoras, cansas de sufrir por segunda vez (xa o ano pasado) esta clase de comportamentos.

”Unha pena que este tipo de xente manche o traballo que outros muitos intentan facer ben”, valoran as xogadoras dumbriesas, que queren facer un chamamento á Federación.

Dende o club están tomando as medidas oportunidas, enviándolle un comunicado á RFGF, pedindo que non lle volva arbitrar.

Comentarios