Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O dobre L deixa Muxía

Gala do Futbol da Costa 2022-Diego Lobelos con Oscar Leis
Diego Lobelos e Oscar Leis na pasada Gala de premios
O dobre L deixa Muxía

Fin de ciclo. Diego Lobelos e Óscar Leis veñen de comunicarlle ao Muxía CF que non van a continuar unha vez terminada a tempada.

Despois de 4 anos traballando tanto no primer equipo como nas categorías inferiores deciden poñer fin "a unha etapa na que o club deu un paso adiante en moitos aspectos e logrando asentar as bases dun futuro esperanzador e facendonos disfrutar dun xogo vistoso e reconocido polos nosos rivais cada semana", sinala o directivo e delegado da entidade Felipe. Na retina quedan esas 17 vitorias consecutivas e unha semifinal de Copa ben fermosa ante o Fisterra, ou as actuais 23 semanas sen perder. 

De aquí o final de tempada seguirán tratando de sumar máis momentos nestas dúas xornadas de liga que nós quedan, a Fase de ascenso e Copa da Costa sénior e xuvenil.

"Dende o club só temos palabras de agradecemento hacia eles e desexarlle as mellores das sortes no seu futuro. Moitas gracias e Muxía sempre será vosa casa", deixan claro dende a entidade.

Comentarios