#PreviaQPC: Domingo de carrusel para o Fútbol da Costa
Menudo carruselón espérase este domingo en www.futboldacosta.com. Xa analizamos como vén a cousa nos Veteranos, co título en xogo entre San Lorenzo e Sporting Zas. Pero é que a xornada trae de todo.
O foco máis importante chega na loita polo ascenso á 1ª. As Redondas e A Rocheira vivirán unha xornada de festa, pero para algún dos equipos visitantes. Esteirana e Muxía xóganse o título de campión da Liga da Costa o ascenso a 1ª, aí é nada. Os esteiráns teñen que facer o mesmo resultado en Cabana que os muxiáns en Coristanco para manter un primeiro posto que mantén gracias ao golaveraxe xeral ao longo da temporada.
A realidade é que os dous equipos merecerían o ascenso, como valoraban os dous presis este pasado martes durante o sorteo da Copa da Costa. O comezo de campaña da Esteirana de Geno foi absolutamente insultante, e este treito final do Muxía de Diego Lobelos é impecable, sumando a día de hoxe 13 vitorias nos 13 últimos partidos.
”Habería que pedirlle á Federación que nos deixasen subir aos dous”, bromeaban os presidentes, conscientes de que “se non se consegue este ano, haberá que loitalo para o que vén”. De calquera xeito, os dous apuntan que “pode pasar de todo”, tendo en conta a calidade dos dous equipos aos que se enfrontan este domingo no carrusel de www.futboldacosta.com ás 17:00h.
Vai de arrastres
As Ligas da Costa xóganse tamén os postos de descenso, pendentes aínda do que pase na Preferente. O Xallas, malia non xogar esta semana, espera que o As Pontes tropece co Escairón para chegar con vantaxe a unha última xornada na que ten mellor rival que o cadro ferrolán. A súa permanencia permitiría un arrastre menos que podería favorecer ao Volantes.
Porque na última xornada dos grupos pola Permanencia da 1ª Galicia, e co Corme e Ponteceso descendidos, o Volantes necesita gañar si ou si para intentar ser o mellor 3º dos 3 grupos e esperar que os arrastres non leven de volta á Liga da Costa.
Precisamente, e tamén ás 17:00h, xóganse os partidos da Permanencia da Liga da Costa. Co ollo posto nos arrastres, o Baíñas nun grupo e os Lira e Montelouro noutro (aí o cadro loureán parte con vantaxe para quedar 2º e evitar calquera arrastre se vence na casa ao Malpica) pelexarán por ser o mellor terceiro e evitar o arrastre que deixaría se provocar o Xallas se consegue a permanencia a semana que vén.
Meramente preparatoria para a Copa será a última xornada da 3ª Galicia, con todo o peixe vendido.
Tamén se xoga o ascenso o Bergan Feminino, que non pode fallar o domingo na súa visita ao Arousana para manter as opcións na última xornada.
Outro foco de atracción serán a volta das semis da Copa da Costa Infantil, Cadete e Xuvenil, que coñerecemos en www.copadacosta.com.
Veteranos