luns. 02.12.2024
El tiempo

O Dumbría abre unha Escola de Fútbol Base Feminino

Escola de Futbol Base Feminino do CF Dumbria
O Dumbría abre unha Escola de Fútbol Base Feminino

Segue medrando o #FutFem na bisbarra. É un feito. Este ano naceu o UD Cerqueda; os anteriores facíano U.C. Cee e Mazaricos, despois da estrea das pioneiras do Bergantiños e das Miúdas. E a tendencia non para. O CF Dumbría, en colaboración co Fisober FSF vén de anunciar a creación dunha Escola de Fútbol Base Feminino. Faino coincidindo co seu 25 aniversario como “novo reto social e deportivo” para fomentar a igualdade en toda a Costa da Morte.

”Queremos comezar as cousas dende abaixo, para non crear conflitos”, explica César Ferrío, presidente do club, seguindo ademais a mesma liña que tantos éxitos reporta noutras disciplinas como o volei. “Se dentro duns anos hai espazo para facer un equipo sénior, xa se verá”, explica.

O club fai esta convocatoria pensando no curso 21/22, abrindo xa o prazo de inscrición para nenas nacidas entre 2008 e 2013. En breve anunciarán as xornadas de captación que organizarán na zona.

A idea é crear equipos femininos para as categorías de F8 e de Infantil F11 para competir nas ligas comarcais.

Poden contactar chamando ao 666 511 612 ou en [email protected].

CRÓNICAS DO FSF

 

CRÓNICAS DO FUTFEM

Comentarios