Domingo. 14.07.2024
El tiempo

O Dumbría Cadete álzase co título como único equipo invicto do Fútbol da Costa

Dumbria campion Liga da Costa cadete
O Dumbría Cadete álzase co título como único equipo invicto do Fútbol da Costa

Ademais do título da Liga da Cosa feminina, o CF Dumbría puido celebrar tamén o campionato da 1ª Cadete. O equipo de Huelvis goleaba ao Cee e se proclama campión a falta dunha xornada para remate, sumando 5 puntos máis que un gran Soneira, e a piques de rematar a Liga invicto.

”O triunfo do grupo, do traballo e da ilusión”, apunta o míster Huelvis. “O título culmina unha temporada marabillosa, onde poidemos manter tódalas semanas 3 sesións de adestramento, integrando un grupo cunha mezcla perfecta de xogadores de 1° e 2° ano. Os nosos números no balance de goles a favor e en contra din como somos como equipo. E tivemos que manter un nivel moi alto, dada a grandísima temporada do noso principal rival, o Soneira”, recoñece. “No persoal, estou inmensamente agradecido ó clube por seguir confiando en min despois de tantas temporadas”, sinala.

Ascenso e Fase de Ascenso

Agora, mentres buscará facerse co doblete na Copa da Costa, o equipo tamén ten fase de ascenso. Coa creación dunha nova Liga Provincial, o equipo dumbriés asegura a súa participación nesta liga, pero disputará a fase de Ascenso á Liga Galega (con 2 eliminatorias contra equipos da Delegación de Santiago).

Mentres, os que van do 2º ao 5º clasificado, xogarán dous posto de ascenso á Liga Provincial, tras unha doble eliminatoria a doble partido (5º vs 2º e 4º vs 3º).

Final de infarto na Liga Xuvenil

E o que nos espera para o sábado que vén na Liga Xuvenil na última xornada. O Xallas visita o Conco cun punto de vantaxe, no que será unha finalísima espectacular.

O Dumbría de Raúl Periscal enfróntase ao Xallas de Eloy García para buscar ese ascenso á Liga Provincial, e á promoción a Fase de Ascenso á Liga Galega.

Máis novas da base

Comentarios