FUTFEM: O Dumbría cantou o alirón da primeira Liga da Costa feminina

Quedan aínda dúas xornadas para o remate da 3ª Div. Feminina, pero o título e o posto de ascenso directo xa está decidido. Onte vencía o Dumbría en Arliña por 0-6, demostrando o seu poderío, e aproveitaba a derrota do Corme ante o Bergan B para sentenciar o campionato. Celebra así o club dumbriés unha fin de semana especial pois tamén certificou o título da Liga Cadete.
Un título ben traballado, pois o Corme aguantou máis de tres cuartas partes da Liga o nivel das dumbriesas. Despois de gañarlles na primeira volta, as cormelás de Rubén Souto estiveron 25 xornadas sen coñecer a derrota no alto da táboa, pero o treito final fíxolles costa arriba, e as de Sati Lira (dirixidas por Fran Figueroa ao comezo da campaña) non fallaron. Agora mesmo suman 8 vitorias seguidas e nesta xornada 28 só coñeceron 1 vez a derrota.
Onte en Muxía as goleadoras foron a muxiá Eva Lema (que remata o ano coa puntería afinada, asinando outra vez 3 tantos), Claudia e Paula Fandiño (en dúas ocasións). De contado voltaron para o Conco para celebrar o título e o ascenso á 2ª División Feminina, unha categoría que xa lles debería ter correspondido este ano de non ser pola desfeita realizada o ano pasado coas promocións.
Corme e Ponteceso, á promoción

A promoción xogarana Corme e Ponteceso. Os equipos de Rubén Castillo (vencían esta semana a un Camariñas que chegaba coa frecha para arriba gracias aos tantos de Andrea (2) e Claudia) e de Curro demostraron estar un paro por riba do resto, e son firmes candidatas a deixar esta fermosa Liga da Costa feminina, que o ano que vén contará, polo menos, cun novo equipo, a Esteirana.
Polo demais, a xornada deparou un empate entre Fisterra e Mazaricos, unha vitoria do Cerqueda ao Outes, e unha sorprendente derrota do Corcubión ante o Nicrariense na casa.
As Miúdas, descendidas
Xa hai varias semanas que o descenso das Miúdas está máis que confirmado, ata o punto de que foron invitadas pola RFGF a non presentarse no partido de liga que foi adiado na xornada 24 e que se ía disputar o 1 de maio, coincidindo coa Copa…
As muradás non puideron superar un ano de moitos cambios, cun plantel tremendamente novo, e primeiro aos mandos de Lucho e nestas últimas xornadas da man de Gabri Sil nunca puideron enderezar o rumbo.
Por arriba, o Xallas e o Cee fixeron unha máis que digna temporada, situadas na zona morna da táboa, por agora, con 45 e 41 puntos respectivamente. Rupper e Rafa xa son dous veteranos do futfem costeiro.
MÁIS NOVAS DO FUTFEM
- O FUTFEM volve ao seu berce: A Esteirana súmase á revolución do Fútbol Feminino da Costa.
- A experiencia inmersiva das xogadoras da Selección da Costa-QPC
- Andrea e Aisha, as pioneiras árbitras do Fútbol da Costa.
- Guía para seguir a revolución do FUTFEM da Costa
CRÓNICAS DO FUTFEM
- X.27: O Dumbría, a un paso do título da Liga da Costa.
- X.26: O Ponteceso arrebatou o liderato e a condición de invicto ao Corme.
- X.25: O Ponteceso alonxa ao Muxía da loita pola promoción.
- X.24: O Camariñas frea ao Corme e ponlle o título a tiro ao Dumbría.
- X.23: O Corme tamén supera o obstáculo do Muxía.
- X.22: Xornada de fermosos derbis.
- X.21: O Cabana alonxa ao Muxía da loita polo título.
- X.20: Derbi de tolos en Ara Solis.
- X.19: Xallas, Cee e As Miúdas fan o primeiro triplete do curso.
- X.18: Corme, Dumbría e Muxía manteñen a puxa aberta.
- X.17: Cee e Xallas recuperan o sabor da vitoria na xornada marcada polo colexiado "exhibicionista”.
- X.16: O Corme, único equipo invicto, colócase líder.
- X.15: O Dumbría remata como campioas de inverno da fermosa Liga da Costa.
- X.14: O Corme frea ao Dumbría.
- X.13: O Dumbría bate na mesa cunha goleada ao Muxía.
- X.12: O Ponteceso tropeza no Cubaleiro.
- X.11: Un derbi polo 25N.
- X.10: O Ponteceso frea ao Muxía e as 4 de arriba apretan o alto da táboa.
- X.9: O Muxía escapa.
- X.8: Corme e Muxía mediron as súas forzas.
- X.6: Xornada de vento, auga, frío e moita brega.
- X.5: A Liga da Costa Feminina está máis aberta que nunca.
- X.4: Perdendo o medo.
- X.3, 5 goles polo aniversario.
- X.2: 16 equipos collendo inercia positiva.
- X.1: FUTFEM: E comezou o curso para as costeiras.