Luns. 14.10.2019
El tiempo

RESUMO DA XORNADA

O Dumbría devolve á Esteirana ao pozo e o Mazaricos faise máis líder

Todas as táboas de resultados e clasificacións en hwww.futboldacosta.com.

Dumbria e Esteirana protagonizaron un derbi intenso no Conco
Dumbria e Esteirana protagonizaron un derbi intenso no Conco
O Dumbría devolve á Esteirana ao pozo e o Mazaricos faise máis líder

Completo carrusel do Fútbol da Costa vivio esta tarde chuviosa de cromos e F5. Unha xornada na que ademais o fútbol costeiro ampliará a súa lenda, ao ser gravado por Movistar+ o partido de Arliña.

Un choque que, por certo, deparou a vitoria do Ponteceso ante o Muxía, no que é a primeira derrota na casa dos de Adrián Lema. A xornada deixa ao Mazaricos máis líder, xa con 5 puntos sobre un Corme que non pasou do empate en Louro. O Volantes segue na boa liña e fica a 4 do Corme, empatado co Ponteceso.
Por abaixo, importantes vitorias do Lira e Muros pasa intentar saír da zona de perigo.

A xornada tiña no Conco un dos grandes partidos da xornada, co derbi costeiro, que deixa ao Dumbría un pouco máis arriba, aínda con poucas opcións de loitar polo ascenso, e mete de novo á Esteirana en postos de descenso directo.
Polo demais, na, nova vitoria do Fisterra, aínda a 2 do líder; nova derrota do Baio, que segue despedindo a loita polo ascenso; e novo empate do Soneira, na zona morna, pero sen poder despistarse.

Na 3ª, Coristanco segue sumando goleadas, mentres Cabana e Castriz non fallaban. Tampouco fallaron Porteño e Outes, se ben o Castrelo mételle presión ao Camariñas na loita pola 6ª praza.

Boa xornada para os Dumbrías de Ligas Galegas, que se manteñen en postos “UEFA”.

Na Liga Xuvenil, o Cabana non falla, pero tampouco os Miúdos por detrñas, que puido nada menos que cun Fisterra, que tras dúas derrotas con rivais directos, case di adeus á loita polo título. Aínda o Corme pode colocarse a 2 do líder se aproveita o partido que ten de menos, mentres a Esteirana vencía ao Sofán e impídelle aos de Nando seguir pelexando cos de arriba. Vaise ampliando a renda, pero aínda entre Cabana e Sofán só hai 3 partidos de marxe.

A xornada deixou ademais o título de Liga do Dumbría na Liga Bexamín G.4, despois dos títulos de Outes e Ponteceso.

Comentarios