![Equipos da Fase Intercomarcal de Fubol Sala]()
Equipos do Fisober, Villa de Cee, Camariñas, Muxía, Outes e Camriñas na Fase Intercomarcal de Fubol Sala
Esta pasada fin de semana o pavillón de Corcubión acollía un intenso campionato Intercomarcal de Fútbol Sala de base. Os campións costeiros das
LCFs Benxamíns, Alevíns e Infantís enfrontábanse aos campións das comarcas colindantes. Non puidemos facer pleno, pero a cousa saiu positiva, con 3 campións de 4 categorías.
Así, en
Infantil feminino, quedaron campionas as bravas do
Fisober, por diante do Villa de Cee e do Camariñas.
En
Infantil masculino foron os do
Camariñas os que levantaron o título de campión, por diante de Muxía, Brión e Outes.
Máis expectacion, se cabe, houbo para as
Ligas Alevíns e Benxamíns, que chegaban tras unhas instensas ligas regulares que venceran Manuela Rial e Vimianzo.
Os
benxamín do Vimianzo fixeron boas as predicións e venceron a Pontecesures por 1-8 e puideron co Negreira na queda dos penaltis.
Xa en
Alevíns, o Manuela Rial non puidi na final ante o
Brión, e quedou en segunda posición, por diante de Outes e Pontecesures.
![Benxamins do Vimianzo campions Intercomarcais de FS]()
Os Benxamíns do Vimianzo foron campións Intercomarcais de FS
Agora tocan os Campionatos Provinciais, que se celebrarán o 19 de maioen Curtis, Betanzos e Teixeiro en categorías masculinas, e o 26 de maio, en femininas.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (Info@quepasanacosta.com).