O EFM Vimianzo proclamouse campión da Fase Final Infantil das LCFS
11:01 11/04/23
Tivo lugar este luns 10 de abril no polideportivo de Vimianzo a Fase Intercomarcal Infantil. Unha categoría na que este ano non houbo Liga Comarcal de FS como en Alevín e Benxamín e optouse por un formato de concentración.
Dos 7 participantes, 4 equipos chegaban á fase final (quedaron no camiño EF Carnota A e B emais o Manuela Rial), sendo o equipo anfitrión, o EDM Vimianzo, o campión final.
Os Brais, Xabi, Gael, Alejandro, Daniel, Nico, Gabriel, Iker, Mateo e Borja, puideron na final por 3-8 ao cadro camariñán das Baleas.
Nas semis, os vimianceses golearon tamén ao EFB Corcubiòón por 10-2 mentres os camariñáns sufriron para bater ao EDM Outes por un solitario 1-0.