Venres. 29.03.2024
El tiempo

LCFS: Os Rapacollóns arrasan en Alevíns e a incerteza manda en Benxamíns

Rapacollons Alevins e Benxamins
Familia dos Rapacollóns
LCFS: Os Rapacollóns arrasan en Alevíns e a incerteza manda en Benxamíns
Avanzan as Ligas de Fútbol Sala Comarcal da Costa da Morte. A falta de 4 xornadas vanse perfimando as cousas.

Na categoría Alevín, o ACD Rapacollóns segue intratable, tal e como o vén facnendo dende que comezou a campaña. O cadro de Santi leva 15 vitorias en 15 partidos, con 139 goles a favor e só 13 en contra. Así e todo o EDM Ponteceso aínda pelexa estando a só 6 puntos.
A loita polas 4 primeiras posicións que dan acceso á fase final segue viva, cun Manuela Rial que está a só 4 puntos dos EFC Carnota.

En Benxamíns, todo é unha sorpresa. Cada semana hai resultados sorprendentes e aínda pode pasar de todo. Ademais, hai partidos aínda por xogar. A día de hoxe manda o Camariñas, con 3 puntos sobre o Cabana e 5 sobre o Carnota, con aínda choques directos pendentes.
Na loita pola 4ª praza están o Manuela Rial, con 22 puntos e o EFM Vimianzo e Camariñas B con 15 e 14, pero 1 e 2 partidos menos.

Novas relacionadas

Comentarios