EFM Vimianzo e Rapacollóns, campións provinciais de futsal

Acollían os pavillóns de Corme e Ponteceso as fases finais dos Campionatos provincias de Alevíns e Infantís. E os dous tinguíronse de cores costeiras.
O de Corme tinguise de amarelo, pois o EFM Vimianzo alzouse co seu segundo campionato provincial, este ano na categoría Infantil. Os de Paco venceron ao Concello de Frades por 5-1 nas semis e se enfrontaron aos veciños das Baleas Camariñas na final, tras golear tamén por 5-1 a todo un Troula Betanzos.
Os Brais, Mateo, Dani, Alex, Nico, Xabi, Borja, Gabriel, Gael e Iker demostraron o senu nivel e ganaron 1-6 aos camariñáns.
Fisterra, campión Alevín
Os que acaban a tempada como empezaron son os alevíns de Fisterra. O cadro de Santi López acaban o curso con todo vitorias tras superar ao Ames na semifinal e superar ao Curtis na final (que venceran aos muradáns dos Miúdos nas semis.