F8: Os 8 campións buscarán o pase á nova Liga Comarcal

Esta pasada fin de semana remataba a primeira fase das Ligs de F8. 5 xornadas tan só para que 2 equipos Alevíns e outros 2 Benxamíns poidan entrar na Liga Comarcal, con outros equipos da Coruña e As mariñas.
Os Campións da primeira fase foron:
- En Alevíns: Xallas, Dumbría, Xallas B e Outes B.
- En Benxamíns: Xallas A, Camariñas, Outes e Cee.
O Camariñás foi un dos campións en Benxamíns de F8, e tamén participa nas LCFS
Fase de Clasificación
Agora, competirán este domingo 17 de novembro a Fase de Clasificación para a Liga Comarcal nunga fase que se disputará no campo Cabo da Area.
Os dous gañadores dos dous choques entre os mellores de cada grupo pasarán á Liga Comarcal, que en principio comeza o vindeiro 24 de novembro.
Os enfrontamentos (non haberá prórroga e si unha tanda de 3 penaltis en caso de empate) son:
Fase Final Alevín:
- 11:00h: Os Miúdos B - Dumbría.
- 11:00h: Xallas A - Outes B.
Fase Final Benxamín:
- 12:00h: Xallas A - Cee
- 12:00: Camariñs - Outes.
Liga Prebenxamín
A Liga Prebenxamín terá calendario estes días, pero polo de pronto xa temos os dous Grupos e o comezo. Será unha liga a doble volta (14 xornadas) que comezará o 1 de decembro. A primeira fase rematará o 15 de marzo, e do 22 de marzo ao 3 de maio disputarase a Fase Final, en formato liguilla a doble volta entre os dous primeiros de cada grupo.
O resto de equipos farán un grupo ligueiro de Copa, en dous grupos, e os dous primeiros participarán, xunto cos 4 campións, a Fase de Campións na Final da Copa da Costa, que se disputará o dmingo 17 de maio.
Grupo Norte | Grupo Sur |
Sofán A | Cee |
Sofán B | Os Miúdos |
Laxe | Carnota |
Coristanco | Dumbría |
Cerqueda | Outes |
Vimianzo | Esteirana |
Camariñas | Xallas |
Zas | Fisterra |