Mércores. 13.11.2019
El tiempo

O Álbum da Costa xa percorre os campos retratando aos 900 protagonistas

O equipo de QPC Deportes xa anda polos campos da Costa, como Ara Solis, botando fotos para o Álbum da Costa 2019-2020
O equipo de QPC Deportes xa anda polos campos da Costa, como Ara Solis, botando fotos para o Álbum da Costa 2019-2020
O Álbum da Costa xa percorre os campos retratando aos 900 protagonistas

Xa anda o ruxe ruxe polos campos da Costa. O Álbum de Cromos do Fútbol Base da Costa está en marcha. Xa anda o equipo de QPC Deportes, co fotógrafo David Castro, botando fotos polos campos da bisbarra, retratando aos [email protected] das categorías Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil.

Porque este ano os protagonistas serán máis de 900 cativos entre 5 e 12 anos (de 83 equipos que teñen 22 clubs da comarca nestas categorías).

A intención é que os dous álbumes (un de Infantís e Alevíns; e outro de Benxamíns, Prebenxamíns e Biberóns) saian antes de Nadal, para poder disfrutar dunhas vacacións onde as criaturas non boten en falta o Fútbol da Costa!

O equipo de QPC non pode máis que agradecer a colaboración dos clubs, e deses "homes de club" que nos axudan a que todo saia ben!

Os adestradores como Angel Garrido tamen sairan no Album da Costa
Os adestradores, como Angel Garrido, tamén teñen cabidaSacando fotos para o album en Esteiro con Pachi
David Castro, axudado por Pachi, botando fotos en Esteiro

Todas as novidades do Álbum da Costa

Comentarios