Xoves. 02.05.2024
El tiempo

F8: Xallas, Vimianzo e Cee completan o repóker de campións

F8: Xallas, Vimianzo e Cee completan o repóker de campións
Cee e Dumbria prebenxamin Cee e Dumbría ao finalizar a final no san Paio de Refoxos da Liga Prebenxamín

Xa temos o quinteto de campións das Ligas de F8 comarcais. Os 5 grupos xa chegaron ao seu remate e 3 das 5 ligas chegaron con emoción ata o último suspiro. Así durante a fin de semana fumos coñecendo os gañadores que acompañan a Outes e Corme como campións deste curso.

O venres a emoción estaba posta no campo de Xaviña, en Buño. Alí, o novo equipo da UD Cerqueda recibía ao EFM Vimianzo co título en xogo. Foron mellores os vimianceses de Paco que certificaron a súa vitoria por 1-2 alzándose así coa Liga Benxamín Norte.

Vimianzo campion da Liga Benxamin Norte 2017 Vimianzo campion da Liga Benxamín Norte 2017

O sábado, os protagonistas eran os máis peques, os Prebenxamíns. A atención estaba posta no San Paio de Refoxos, onde o Cee recibía a un Dumbría que chegaba cun punto máis que os ceeses. Pero o equipo azulón foi moi superior e endosou un claro 7-2 aos brancos que vale a Liga Prebenxamín 2017.

Cee campion prebenxamin da liga 2017 O Cee é o campión da Liga Prebenxamín

Xa o domingo o foco estaba posto nos Alevíns, nunha das ligas máis igualadas. O Outes mantivo a pelexa ata o final co Xallas A, apretando ata a última xornada. Pero non fallaron os verdes de Jota, que venceron ao Sofán e conseguiron manter o título da Liga Benxamín Sur.

Xallas celebrando o titulo da Liga Alevin Sur 2017 no Carral O Xallas A celebrando o titulo da Liga Alevin Sur 2017 no Carral Xallas celebrando o titulo Alevin na estatua de Santa Comba os rapaces do Xallas celebrando o titulo Alevín na estatua de Santa Comba

Os campións das Ligas de F8 2016/2017

Xallas A, campión da Liga Alevín Sur

Xallas A Alevin O Xallas A de Jota ten preto o título Alevín Sur

Corme, campión da Liga Alevín Norte

Corme xa é campión da Liga Alevín Norte-Foto-Fin Lema Corme, campión da Liga Alevín Norte-Foto-Fin Lema

Outes, campión da Liga Benxamín Sur

Os rapaces benxamíns do Outes quedaron campións con varias xornadas de marxe

Vimianzo, campión da Liga Benxamín Norte

Benxamins do Vimianzo Benxamíns do Vimianzo

Cee, campións da Liga Prebenxamín

Cee campion da Liga Prebenxamin  

Sorteo da Copa

E sen tempo a descansar, este vindeiro luns ás 19:30, celébrase o sorteo da Copa da Costa de F8. Clasificaranse os 6 primeiros dos Grupos Sur e 2 dos grupos Norte, mentres que en Prebenxamíns os 4 primeiros disputarán unhas semifinais.

Novas relacionadas

Máis novas de base

Comentarios