Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Fase de Ascenso: O Muxía pasa de rolda; o Corme cae e despide a temporada

Muxia na Fase de Ascenso
Imaxe do choque en Arliña
Fase de Ascenso: O Muxía pasa de rolda; o Corme cae e despide a temporada

Cara e cruz para os nosos equipos na Fase de Ascenso á 1ª Galicia. O Muxía, que xogaba na casa, superou ao Cacheiras e para ascender terá que superar outras 2 eliminatorias (as semis a partido único e a final a ida e volta) para conseguir un único posto de ascenso.
Pendente estará o Monte Louro, e o Volantes, esperando que libre unha desas hipotéticas praza de arrastres, un asunto que segue a ser unha incógnita.

O Corme, pola súa parte, despide a temporada tras caer na previa da Copa. Faino cun agrio sabor de boca, pero coa satisfacción de ter feito unha temporada moito mellor do que se esperaba trala tremenda revolución vivida no vestiario, cun relevo xeracional con xente da casa, coma sempre.

Ademais, na eliminatoria entre Eume e Negreira, pasou o Eume a penaltis, o que fai dificilmente evitable a salvación da Esteirana, e que provocará un arrastre máis na Liga da Costa.

Muxía - Cacheiras (4-3)

Partido arrincaba con moitas imprecisións, pero unha boa xogada de Manu Nogueira abría o marcador e daba tranquilidade co balón aos de Leis e Lobelos. Pero a balón parado empataban os de Teo. Ata o descanso apretaron os visitantes pero aguantou o cadro muxián.

Iago Muíño, que estaba creando perigo pola banda, provocaba un penalti que non fallaba Fran Moreira, e pouco despois cun tiro dende fora da área fíxo o 3-1. Pouco despois Manu Nogueira facía o cuarto, e parecía que a cousa estaba controlada, pero os visitantes meteron balóns arrinca, recurtaron ata o 4-3 que fixeron no m.90 pero os muxiáns aguantaron as embestidas e pasaron de fase.

O equipo xa pensa no choque do martes dos Oitavos de Copa ante o Soneira ás 21:00h en Arliña, co poderoso Xallas xa esperando.
E o domingo, co gañador do Bertamiráns (tocaría fóra) - Estradense B (tocaría na casa).

Valiño - Corme (5-1)

Nada puido facer o Corme ante o Valiño, e acabou aquí a súa excepcional temporada.

   

Comentarios