Sábado. 18.05.2024
El tiempo

FF: As Miúd@s xa saben golear

FF: As Miúd@s xa saben golear
As Miudas xa saben golear ao Carreira As Miúdas xa saben golear despois de bater ao Carreira-Foto-Chema Caamaño

Non foi un partido doado o das Miúdas ante o Carreira, pero souberon aguantar o seu momento, manter a porta a cero e pegar cando máis febles estaban as rivais. As de Fran Figueroa aséntanse na metade da táboa tras sumar a súa segunda vitoria en 4 xornadas.

Pola contra, o Bergantiños sumou a súa 2ª derrota consecutiva e 3ª da tempada, nun partido no que a sorte estivo de costas, que deixan as de Gueli tamén na metade da táboa.

 

2ª División, Gr.2, xornada 4

  • Resultado: Os Miúd@s - Carreira CF (5-0)
  • As Miúdas: Julia, Yaiza, Paula, Isa, Antía, María, Bárbara, Gala, Sara Cubelo, Irea e Pati. Tamén xogaron: Laura, Eva, Marta, Sara Romero e Iria.
  • Goles: 1-0, m.28 Bárbara; 2-0, m.60: Pati; 3-0, m.85: Bárbara; 4-0,m .86: Eva; 5-0, m.89: Marta.
Choque das Miudas ante o Carreira Choque das Miudas ante o Carreira-Foto-Chema Caamaño

Segunda vitoria das Miúdas, conseguida con moito traballo, a pesar do que di o resultado. Porque ata o último suspiro non se decantou definitivamente o partido e foi nos últimos 5 minutos onde se rompeu o choque rematando en goleada.

I é que Fran Figueroa chegaba con baixas importantes en defensa, pois Lucía entrenando e Martina “combatindo” para axudar as Atletes a ganar en futsal, mancaron un nocello e un dedo do pe respectivamente e tiveron que repousar. Así e todo as muradans souberon plantarse con orde na primeira parte e dominando o balón nos 2 campos.

Con todo, era Bárbara, coma sempre, a única capaz de abrir a lata marcando a media hora. A esar do dominio local, Julia tivo que empregarse en dúas ocasións consecutivas que demostraron os seus reflexos, froito do traballo realizado durante a semana con Fernando.

Barbara lanzando unha falta para as MiudasAntía lanzando unha falta para as Miudas-Foto-Chema Caamaño

Empezaba a segunda metade con Eva e Laura no campo e o equipo negro presionando máis arriba. Todas as segundas xogadas caían para as costeiras, e nun deses rexeites, Pati, que reaparecía despois dun mes lesionada, anotaba o segundo.

Xa con 2-0 as rivais botáronse o ataque algo a desesperada, deixando espacios no seu campo que as nosas lideradas onte por unha María espectacular, aproveitarían para ter máis ocasións. Unha delas a propia María, enviaría o pau evitando que redondeara o seu partido co merecido gol. Pero non tardou, foi de novo Bárbara que nunha das súas conduccións en velocidade poría no minuto 82 o 3-0.

Aí rompeuse o partido, e ademais a porteira visitante lesionouse tendo que deixar paso a unha xogadora de campo, o que aproveitaron as costeiras para facer dous tantos máis cun gol de Eva de cabeza e outro da “bala” Marta.

As de Fran quedan na 7ª praza ccon 6 puntos deixando xa 7 equipos por abaixo.

 

2ª División, Gr.1, xornada 6

  • Resultado: Bergantiños - O Burgo (1-2)
  • Bergantiños: Lucía, Piroja, Ale (Eva, m.70), Seo, Paula (Nerea, m.75), Lore, Torrado (Irene, m.70), María, Noe (Cambón, m.60), Tamara, e Lydia (Isa, m.45)
  • Goles: 1-0, m.50: Noe; 1-1, m.55: Marta; 1-2, m.57: Noe en propia.

Bonito e disputado partido na tarde do domingo nas Eiroas entre dous equipos moi semellantes que debería ter deixado un puntiño a cada unha tralo visto no campo, pero que se decantou polas visitantes. Unhas xogadoras herculinas que comezaban apretando e facendo lucirse a Lucía, ata que, pouco a pocuo, as de Gueli foron atopando o seu sitio, chegando xa a partir da media hora má meta visitante. Lydia e Tamara dispoñerían de claras ocasións pero o marcador non se movería.

Comezaba o cadro vermello máis enchufado na segunda. Torrado apunto estaría de adiantar ás carballesas cunha boa vaselina pero Raquel chegaba finalmente e desviaba a córner. E apenas un par de minutos despois Noe facía xustiza ao rematar a gol un rexeite no área. Pouco duraría a alegría porque Marta batía a Lucía 5 minutos despois e deixaba o marcador en táboas. Infortunios do fútbol cando Noe anotaba en propia meta e poñía ás burguesas por diante no marcador.

De aí ao final do partido, as carballesas intentaríano de todos os xeitos, pero a defensa visitante mostrábase moi sólida. María, nun lanzamento de falta, estaría cerca do empate no desconto.

Quedan agora as carballesas na 8ª praza con 9 puntos.

 

Crónicas da tempada do Fútbol Feminino

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios