Martes. 27.02.2024
El tiempo

FF: Delirio sobre a bocina

FF: Delirio sobre a bocina
Choque nocturno das Miudas Choque nocturno das Miudas

Volveu a épica ao Eleuterio Balayo. Cando o empate parecía o sino definitivo do partido fronte o Puentearnelas, e as forzas eran xustas, as bravas Miúdas sacaron a coraxe para erguer á bancada que ateigaba o campo muradán. Unha xogada de Noe, sorteando a 3 rivais e cedendo para que Bárbara marcase o gol da vitoria fixo vibrar a toda a parroquia celebrando unha agónica e bonita victoria ante un gran rival que seguro acabará a tempada en postos máis altos dos que agora ocupa. Disque se cadra nalgún momento acaba a “flor” que están tendo as muradás neste comezo de tempada, que suman 8 vitorias e unha soa derrota en 9 xornadas. pero polo de pronto, por disfrutar e soñar, non cobran.

Tamén foi boa xornada para as de Gueli, un Bergantiños que sen mellorar de todo o xogo, si que aproveitou a visita do pechacancelas para romper unha liña de partidos negativos.

 

2ª Galicia, Gr.3, xornada 9

  • Resultado: As MIúdas - Puentearnelas (2-1)
  • As Miúdas: Yaiza, Paula, Isa, Antía, Martina, Noelia, Leticia, Sandra, Marta, Ainoa e Bárbara. Entraron: Laura, Pati, Sara, María Dosil e Iria.
  • Goles: 0-1, m.27; 1-1, m.42: Noe de corner directo; 2-1, m.95: Bárbara a pase de Noe.

Vitoria sobre a bocina dunhas Miúdas que non deixaron de intentalo ante un bo Puentearnelas, moito mellor do que di a súa clasificación como penúltima da táboa. Foi un choque disputadísimo, que comezaba cunhas visitantes moi intensas atrás e mesmo sacando boas contras. Bárbara e Ainoa avisaban, pero eran as de Ribadumia as que abrían o marcador aproveitando un desaxuste na medular e un erro na zaga local.

Non sentou ben o gol nas costeiras, que se precitaban unha e outra vez, ata que ao fío do descanso, Noe botaba un córner pechado que se colaba nas mallas facendo así o empate.

A segunda metade foi de respecto, se ben Sandra tivo unha gran ocasión pero o seu disparo petou no longueiro e pisou a liña de gol. Entrou Pati e fixou ás centrais permitindo que Ainoa e Bárbara comezasen a facer máis dano polos costados, sobre todo trala expulsión dunha defensa visitante. Quedaban 25 minutos, María Dosil sumábase ao ataque pero as ocasións non chegaban.

Ata o delirio final, co gol da pichichi esteirá, que deixa aos de Fran e Fer na 2ª praza, a 3 do líder, e empatadas co Xuventú Aguiño.

 

2ª Galicia, Gr.2, xornada 9

  • Resultado: Bergantisño - Bandeira (8-1)
  • Bergantiños: L. Sanchez, Eva, Fra, Seo (L. Rabuñal, m.65), Sabrina, Lore, Torrado, Martasa (Paula, m.65), Mery, Tamy e Isa.
Choque do Bergantinos feminino Choque do Bergantiños

Superioridade absoluta dun Bergantiños, que ve cortada a mala racha de resultados, aínda que non de xogo. Nos primeiro minutos xa se vería o dominio das carballesas. Tamy anotaba na primeira ocasión, pero as bandeirenses facían o mesmo poucos minutos despois. Ata 3 tiros ao pau e infinidade de ocasións claras de gol para as xogadoras de Gueli na primeira parte pero foi Fra, antes do descanso, a que volvía poñer en vantaxes ás bergantiñanas ao rematar un córner no segundo pau.

Na segunda parte as ocasións seguían chegando pero con máis fortuna de face a gol. Tamara completaba o seu doblete e Isa, tamén en dúas ocasións sentenciaban o partido. Mery, tamén cun hattrick, completaba unha gran actuación individual.

 

Toda a info do Fútbol Feminino costeiro

https://quepasanacosta.gal/ff-buscando-o-liderato/ “FF: As Miúdas só miran cara arriba” — Que pasa na costa

Comentarios