Venres. 19.04.2024
El tiempo

FF: Estreado o taboleiro de vitorias

FF: Estreado o taboleiro de vitorias
O Bergan Feminino conseguiu a primeira vitoria da tempad O Bergan Feminino conseguiu a primeira vitoria da tempada

Primeira derrota para as Miúdas e primeira vitoria para o Bergan. A 3ª xornada deixou uns resultados que devolven á normalidade á competición, facendo que tanto as muradás como as carballesas saiban o que é vencer e caer. As sensacións neste comezo de temporada seguen a ser moi boas en ambos conxuntos.

2ª Galicia, Gr.3, xornada 3

  • Resultado: S.D. Chispa - As Miúdas (5-1)
  • As Miúdas: Yaiza, Silvia, Isa, Martina, Antía, Leti, Noe, Marta, Eva, Pati e Lucía. Tamén xogaron: Laura, Gala, Paula, Iria e María Dosil.
As Miudas ante o Chispa As Miudas ante o Chispa

Bonito e disputado encontro entre dous equipos que contaban por vitorias os seus primeiros encontros no que o resultado excede moito do visto sobre o campo. Certo que as locais mereceron a vitoria pero o resultado é demasiado abustaldo.

O choque comezou sen dominador claro, e pouco a pouco as visitantes se foron colando na área local, obrigando á porteira arousana a amosar a súa mellor versión. Pero as locais tamén chegaban e na primeira ocasión, abrían o marcador cando quedaban 10 minutos para o descanso, nunha xogada na que Yaiza fixo varias paradas.

Eran minutos de control local, ante unhas muradás máis cansadas, o que permitía que se puxeran 2-0 ao descanso.

Saíron a por todas as negras, máis agresivas e cunha marcha máis, e Pati estivo a punto de marcar tras un centro de Noe, pero o balón tocou o longueiro e pisou a liña de gol. Seguíano intentando as Miúdas e conseguían recurtar no m.65, da man de Bárbara. Minutos despois Noe bateu no longueiro cun fermoso chut que non tivo o premio do empate, e apenas 3 minutos despois chegou unha contra local que mataría o partido, deixando o barco muradán naufragando os últimos 15 minutos.

 

2ª Galicia, Gr.2, xornada 3

  • Resultado: Bergantiños - Touro (6-2)
  • Bergantiños: Xogaron: L. Sánchez, Rabuñal (Eva, m.50), Fra, Seo (Paula, m.60), Martasa, Lore, Torrado, Mery, Canosa (A. García, m.70), Tamy e Noe (Ale, m.60).
  • Goles: 0-1, m.20; 1-1, m.42. Tamy; 2-1, m.45: Noe; 3-1, m.48: Tamy; 4-1, m.52: Noe; 5-1, m.63: Noe; 6-1, m.64: Mery; 6-2, m.73.
bergan Feminino ante o Touro nas Eiroas O Bergan ante o Touro nas Eiroas

Presentábase un Bergantiños con moi boas sensacións logo dos dous últimos partidos, ante un rival que aínda non coñecía a derrota, pero chegaba a Carballo mermado polas baixas. As de Gueli necesitaban estrear o taboleiro de vitorias para facer boas esas sensacións e comezaban con moitas gañas con Mery, unha das mellores do partido, avisando cun balón á madeira. A pesar do dominio local eran as visitantes a que se adiantaría, facendo moito dano ás vermellas que tardaron en recuperarse uns cantos minutos.

Seguían chegando á area rival pero nin Fra nin Noe eran capaces de marcar. Ata que, faltando 3 minutos para o descanso, Tamy abría a lata empatando, e Noe marcaba de contado deixando o partido de cara ao descanso.

Saíron moi fortes as locais, cun ritmo moi alto e unha forte presión que pronto deu os seus froitos pois varios roubos permitiron colocarse cun claro 4-1 en apenas 10 minutos, deixando xa o choque sentenciado. Noe completaba o seu triplete.

 

Toda a info do Fútbol Feminino costeiro

 

Comentarios