Sábado. 20.04.2024
El tiempo

FF: O doce sabor da remontada

FF: O doce sabor da remontada
As Miudas celebrando un gol-Foto-Chema Caamano copia As Miúdas celebraron así o gol da remontada-Foto-Chema Caamaño

Boa semana para o fútbol feminino costeiro con doble vitoria para as nosas.

Gran partido defensivo das xogadoras de Gueli en Arzúa, un complicado campo onde os equipos visitantes deben traballar duro para sacar algo positivo. O Bergan colócase así na metáde da táboa con 7 puntos, lonxe aínda dos postos de arriba pero ampliando a vantaxe cos de abaixo.

Dura e traballada vitoria tamén a das Miúdas no último suspiro ante un rival mellor do que indica a súa situación na táboa. Un Carreira que puxo as cousas moi complicadas ás de Fran e Fer, pero que gracias a un público volcado no Eleuterio Balayo conseguiron remontar nos últimos 5 minutos e deixar os 3 puntos na casa.

 

2ª Galicia, Gr.3, xornada 6

  • Resultado: As Miúdas - Carreira (3-2)
  • As Miúdas: Yaiza, Paula, María de Pastora, Antía, Isa, Laura, Noe, Sandra, Sara, Marcela (infantil) e Pati. Tamén xogaron: María Dosil, Natalia, Marta, Bárbara e Iria.
  • Goles: 0-1, m.5; 0-2, m.22; 1-2, m.57: Noelia; 2-2, m.86: Natalia a pase de María Dosil; 3-2, m.94: María Dosil.
Fran Figueroa dirixindo o quecemento das Miudas-Fotos de Xose Sendon copia Fran Figueroa dirixindo o quecemento das Miudas-Foto: Xose Sendon

Cargadas de baixas chegarin as locais o partido no que incluso houbo que tirar da infantil Marcela para completar a convocatoria. E nada máis comezar un regalo da defensa local permitía abrir o marcador ás de Carreira. Tardaron en reaccionar aos muradáns, que en toda a primeira metade quedaron a mercé as bravas xogadoras visitantes que creaban constante perigo e incertidume en cada embiste disputando con valentía cada balón dividido.

Así, no ecuador do primeiro tempo, Yaiza, que viña de ter a man escaiolada ata uns días antes do partido, non puido atallar unha falta botada polas visitantes sufrindo así o 0-2 no marcador.

Parecía que espabilaban as “rossinegras” que puideron recurtar por medio de Pati e Noe, moi precipitadas.

Comezaba o segundo tempo e as muradás subían liñas, metendo a María Dosil por detrás das dianteiras, e a de Ventín resultou ser decisiva o final do encontro. Ao cuarto de hora Noelia sacou un zurdazo case sen ángulo que metía de novo ás locais no partido. E tanto que asediaron a partir de aí ao seu rival, con numerosas ocasións. Noe e Bárbara (a pesar de non estar ao 100%) intentábano pero o gol non chegaba. Ata que a falta de 5 para o final, María Dosil que diante da porteira cedeu para que Natalia, en posición máis que dudosa, empatase o partido.

Seguiron indo polo partido as costeiras, e María Dosil volveu ser protagonista facendo o gol da remontada sobre o pitido final.

As muradás mantéñense moi arriba, con 15 puntos empatadas con Boito e Aguiño e a só 3 do invicto Chispa. A vindeira semana xogan contra o pechacancelas, un Mosteiro que aínda non marcou un só gol en todo o campionato.

 

2ª Galicia, Gr.2, xornada 6

  • Resultado: Arzúa - Bergantiños (0-2)
  • Bergantiños: Lara Sánchez, Eva (Jessi, m.65), Seo, Sabrina, Paula, Lore, Martasa, Mery, Rabuñal (Isa, m.36), Torrado e Tamy.
  • Goles: 0-1, m.26: Mery; 0-2, m.35: Tamy.
Bergan feminino nunha foto de arquivo copia O Bergan feminino nunha foto de arquivo ante o Sporting Cambre

O partido empezaba con dominio das carballesas, dominio que se transformaba en ocasións, pero nin Torrado nin Tamy estarían acertadas. Mery si acertaba no minuto 26 e poñía o 0-1 no marcador. Pouco despois Tamy reflectía o dominio co segundo gol.

Co 0-2, o Arzúa meteu máis xente en ataque en busca do gol e terían algunha chegada de perigo pero ben resolta pola zaga carballesa, e xa non se movería o marcador.

Na segunda parte, o Bergantiños acumulou xogadoras atrás para defender as envestidas locais. A defensa estaba moi seria e o Arzua só creaba perigo a balón parado. Tamy e Isa terían claras ocasións en senllas contras pero non estarían acertadas esta vez. As locais seguíano intentando de todas as maneiras pero atopábanse cunha seria defensa que non daba síntomas de debilidade. Ao final o marcador xa non se movería e acabaría con vitoria xusta para as carballesas.
Para a semana recibiremos a un duro rival nas Eiroas, o Betanzos.

 

Toda a info do Fútbol Feminino costeiro

https://quepasanacosta.gal/ff-vencendo-entre-insultos/  

Comentarios