Venres. 19.04.2024
El tiempo

ÁRBITROS

Fin de semana para disfrutar

David Castreje pitou o Dumbria Val do Ulla
David Castreje pitou o Dumbria Val do Ulla
Fin de semana para disfrutar


Os colexiados costeiros disfrutarán esta fin de semana da mellor liga do mundo, a Liga da Costa, mais tamén, en moitos dos casos, de partidos ao máximo nivel no noso país.

Así, o domingo pola tarde (Abegondo, 17.00 horas) haberá trío costeiro no partido de División de Honra Xuvenil que enfronta ao Deportivo e o Covadonga. Dirixirá o encontro o cormelán Bruno Méndez, e xunto a el estarán como auxiliares David Vázquez e David Castreje.

Á mesma hora, no Alcalde Manuel Candocia, Pablo Rama Cotelo actuará como asistente no encontro da Terceira División que enfronta a Somozas e Barco, partido que dirixirá o coruñés Xabi Rodríguez. E tamén á mesma hora, nas Eiroas, Marcos Ordóñez actuará de asistente no fermoso derbi da Terceira que enfronta a Bergantiños e Paiosaco e que dirixirá José Manuel Cives.

Un chanzo máis abaixo, na Preferente, Rubén Reborido dirixirá (domingo, 16.30 horas, Burgáns) o encontro entre Cambados e Mondariz, auxiliado por Eric Vázquez (Delegación da Coruña) e Carlos Señarís (Subdelegación da Costa). 

Na Primeira Galicia haberá trío costeiro o domingo na Grela 1 (18.00 horas) para o derbi coruñés entre Victoria e Orillamar. Adrián Pérez, Óscar Santos e Sebastián Pérez tentarán poñer orde neste interesante duelo de vecindade. 

Apaixonante xornada na Liga da Costa

A Liga da Costa vive este domingo unha xornada na que se poden comezar a despexar moitas dúbidas, con dous enfrontamentos directos entre catro equipos que atalora pugnan polo ascenso directo ou, cando menos, o posto de promoción de ascenso.

Ás 16.30 horas, no Cairo (Alberto Baña), enfróntanse Corme e Muxía, ou o que é o mesmo, segundo contra terceiro. Media hora máis tarde, no Pinguel (Juan Marcos Ríos) enfróntase o cuarto clasificado (Ponteceso) e o sexto (Baíñas).

Na Terceira, o duelo da xornada vivirase na Grixa (domingo, 16.15 horas, Lucas Vicente), onde Porteño e Outes comezarán a dirimir postos de cara ao play off de ascenso a Segunda, no que atalora ambos teñen moitas posibilidades de entrar. 

En xogo medio ascenso á elite do fútbol veterano

O fútbol veterano terá este domingo o seu foco de atención na Picota. A partir das 11 horas, baixo a dirección de Óscar Rey, Mazaricos e Razo enfrontaranse no duelo da xornada. Quen gañe terá case un dos dous pés na División de Honra.

Na igualada competición da División de Honra, nova xornada sen duelos directos na cabeza, onde un dos compromisos máis complicados para os que pelexan polo título será para o actual líder, o Sporting Zas, que visita o Pinguel en partido adiantado ao sábado para medirse ao Ponteceso (20.00 horas, Pablo Rama).

E moito fútbol base para ver e disfrutar

De Carballo a Muros disputaranse esta fin de semana máis de medio cento de partidos en todas as categorías do fútbol base, dende os xuvenís aos prebenxamíns. Moito para ver e disfrutar. 

Interesante se presenta o duelo de categoría xuvenil entre Cabana e Fisterra (sábado, 16.30 horas, As Redondas, Óscar Santos), e seguro que tamén fermoso e igualado o enfrontamento entre Sofán e Soneira (sábado, 16.15 horas, O Carral, Bruno Méndez). Na categoría infantil tamén se vivirá un interesante Cee-Muxía (sábado, 12.00 horas, San Paio de Refoxos, Alberto Baña). Pero, como queda dito, toda unha fin de semana de fútbol por diante para que cadaquén escolla.

----

Como cada semana, todas as designacións arbitrais da RFGF, categoría a categoría, en www.futgal.es. 

Comentarios