Fisterra Xuvenil e Outes Cadete conseguen o ascenso á nova Liga Provincial
- Este vindeiro domingo, as finais da Copa da Costa das 3 categorías de base

En medio dos exames, e no marco do galimatías competicional no que se ten convertindo este final de curso, dous equipos celebran o seu ascenso á nova Liga Provincial, que se vai instaurar entre as ligas comarcais e a Liga Galega.
Fisterra Xuvenil e Outes Cadete superaron as finais das fases de ascenso e se unen na nova Provincial aos campións das Ligas da Costa: Xallas Xuvenil, Dumbría Cadete e Outes Infantil, ademais do Sofán Infantil, como segundo.
Os tres campións participaron na Fase de Ascenso á Liga Galega, pero os tres caeron nas súas intentonas, polo que competirán o ano que vén na “nova Liga Provincial”.
O Fisterra superou a todo un Dumbría. O cadro de Adrián Makaay e Mario Senlle caeu en Ara Solis por 0-2, pero fixo valer o 1-4 da ida no Conco, e celebrou por todo o alto o ascenso.
Pola súa parte, o Outes foi moi superior ao Coristanto nesta final a doble partido. Os de Carlos Romero gañaron 1-4 na Rocheira e 4-0 no Cunchido.
As Copas
Repetirase a final da fase de ascenso entre Dumbría e Fisterra na final da Copa da Costa Xuvenil. A cita será o vindeiro domingo 23 no San Paio de Refoxos de Cee, ás 17:30h.
Pola mañá, o Cunchido, Outes, acollerá as dúas finais de Cadetes e Infantils. Os Cadetes, ás 12:30h, o choque será entre EFC Camariñas e Esteirana.
Ademais, a cita infantil será entre Cee e Os Miúdos.
