Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Fran Figueroa: “Teño un furado no peito”

Fran Figueroa abrazado polas xogadoras do Dumbria
Fran Figueroa abrazado polas xogadoras do Dumbria
Fran Figueroa: “Teño un furado no peito”

Por sorpresa colleunos a todo o fútbol da Costa (mesmo á súa familia) a dimisión de Fran Figueroa como adestrador dos equipos feminino CF Dumbría. Porque o Fútbol costeiro sabe a implicación deste pioneiro do #Futfem na comarca, e foi precisamente o responsable de que o cadro dumbriés se embarcase nesta revolución.

Meirande foi a sorpresa das xogadoras cando lle comunicou á súa decisión despois do partido do Cerqueda. Fran deixoulles claro que nada tiña que ver co aspecto deportivo, que estaba encantando con todas e cada unha delas, e que non ten dúbidas que son o mellor equipo da categoría e de que van gañar a Liga con maior ou menor solvencia.

Frases que solta durante unha longa conversa como “levo días cun furado no peito” ou “é como que che morre un neno”, dando conta do mal que o está pasando estes días de duelo. Xa tivo ofertas enriba da mesa, pero non quere saber nada de adestrar. Ademais, por agora non quere deixar de lado esta “xeración impresionante de futbolistas”, como lle demostrou aparecendo en Noia para o partido desta xornada. Elas respondéronlle adicándolle varios dos goles.

Valora moi positivamente a chegada de Santi Lira ao club dumbriés. “Sería o que escollería eu para o proxecto, a verdade. É máis recto ca min, vai máis ao fútbol e eu máis á persoa, pero paréceme unha persoa idónea”, explica. E ese aval vaille servir de moito no vestiario a unhas xogadoras que tiñan unha complicidade moi especial co adestrador.

Sobre a revolución do noso futfem, valora moi postivamente o crecememento, pero tamén considera que houbo clubs que se puideron precipitar á hora de facer equipo. Critica esa “facilidade” para cometer aliñación indebida por considerar que “así se vulnera a competición. É así como queremos dignificar a competición?” pregunta.

E ten claro cal é o camiño: “O seguinte paso é o das adestradoras. Ten que ser xa”, sinala deixando claro que en breve vai haber un camiño aberto para moitas das que hoxe están sobre o céspede.

Con todo, pronto o veremos nos bancos formando parte do >corpo técnico da Selección da Costa, como xa fixo o ano pasado no Partido Solidario, unha nova da que teredes información nos vindeiros días.

Fran Figueroa adestrando a Seleccion da Costa feminina
Fran Figueroa adestrando á Selección da Costa feminina

Comentarios