Martes. 08.10.2024
El tiempo

FSF: Carla Martínez, a ceense capitana da Selección Galega

  • Última hora: A Selección caeu nas semifinal ante Cataluña (4-2)
IMG-20220505-WA0002
FSF: Carla Martínez, a ceense capitana da Selección Galega

Esta semana disputan as Seleccións Galegas de Fútbol Sala Feminino Sub16 e Sub19 o Campionato de España que se celebra en Asturias. As dúas xa están en Semifinais tras superar a primeira fase cunha gran nota. Se ben na sub19 non temos representación, na Sub16 si que temos unha xogadora da nosa canteira, nada menos que a capitana.

Carla Martínez, natural de Cee, naceu na canteira do Villa de Cee FSF. Con 10 anos xa tiña o nivel das sénior apuntando boas maneiras, como recoñecen dende o club. Agora xogada, con 16 anos, na 2ª máxima categoría estatal, no Viaxes Amarelle, e é alicerce fundamental da Irmandiña.

A Galega, ás ordes de David Rivera, venceu os tres partidos (Castilla la Mancha, Valencia e Madrid) polo que pasan ás semis como primeiras de grupo, e seguen soñando co título. A ceense é titular no equipo e mesmo inaugurado o seu taboleiro de goles.

Carla ca Seleccion Galega sub16 1

Carla ca Seleccion Galega sub16

Carla Martinez coa Seleccion Galega Sub16 de FS 2

Carla Coa Sele

Novas relacionadas

Máis novas do FSF

Comentarios