Venres. 26.04.2024
El tiempo

FSF: O Fisober non puido cun dos favoritos

sharay paula co Fisober
Sharay e Paula no choque
FSF: O Fisober non puido cun dos favoritos

Tras un comezo fulgurante, vencendo na casa ao Linense por 3-0, e celebrando a volta á pista de dúas lendas do fútbol sala costeiro, como son Patri Romaní e Barca Toba, o Fisober sufría a súa primeira derrota nesta segunda xornada da Preferente Galicia celebrado en Bertamiráns. O Meigas, un dos favoritos da categoría puido cas costeiras nun partido moi entretido e igualado, no que o resultado tan abultado non reflexa o visto sobre a pista.

Liga Autonómica Preferente, xornada 2

  • Resultado: FC MEIGAS- FISOBER FSF (4-0).
  • FISOBER: Sharay, Adriana, Patri, Paula Fandiño, Ana; tamén xogaron: Claudia, Nuriña, Uxía, Barca, Mai, Lucía Martínez, Saray.
  • Goles: 1-0, m.10 Belén, 2-0, m.11: Belén, (descanso); 3-0, m.36: María; 4-0, m.40: Teresa.

Fisober en Bertamirans

Puido caer por calquera dos dous lados un partido no que a pegada do Meigas foi determinante. O partido comezou cun Fisober esperando a media pista e saindo en rápidas contras mentras que o Meigas apretaba un pouco máis arriba.

Ocasións moi claras para as costeiras con ata tres balóns que petaron nos paus obra de Barca e Paula Fandiño e con dous balóns que sacaba a porteira local a Barca pegadiños ao ferro. Pero as locais aproveitaron dous erros de concentración do Fisober para en dous minutos mediada esta primeira metade facer dous goles obra de Belén que puxeron moi costa arriba o partido para o conxunto costeiro.

A volta de vestiarios o partido xa non foi tan vistoso coma na primeira metade, con menos ocasións por parte de ámbolos conxuntos. O Fisober co paso dos minutos ía cada vez arriscando un pouco máis arriba e deixando máis espazos ao conxunto local. A piques de chegar ao final chegaba o terceiro gol local obra de María e xa no último minuto e despois dunha inferioridade Teresa facía o cuarto e definitivo.
A vindeira semana chega as ID de O Conco en Dumbría o Atlético Arnoia.

Categorías inferiores

Infantil do Fisober

Xa están en marcha tamén as categorías inferiores do Fisober, que esta fin de semana só disputou o choque do infantil masculino de Liga Galega. Foi na segunda xornada da Liga Galega Infantil Masculina. O equipo costeiro recibía o domingo pola mañá no Conco ao AJ Pombo Hércules FS co resultado de 2-7 a prol dos herculinos.

Comentarios