sábado. 02.08.2025
El tiempo

Só os clubs da 3ª FUTGAL decidirán a presenza do Bergan B no grupo costeiro

asemblea futgal
Só os clubs da 3ª FUTGAL decidirán a presenza do Bergan B no grupo costeiro

Este mércores tivo lugar en Santiago a Asemblea Real Federación Gallega de Fútbol (RFGF). Unha cita que serviu para render homenaxe ao recentemente finado Juan Luís Villamisar.

Na importante cita, o Fútbol da Costa estivo representado polos clubs asambleístas, estando presentes Outes e Cee, se ben non puideron estar Esteirana, Xallas e Os Miúdos.

Unha cita importante despois da petición dunha Delegación propia, da polémica substitución do subdelegado arbitral e tamén da petición do Bergantiños CF de incorporar ao Bergan B ao Grupo da Costa da 3ª FUTGAL.

A Directiva decidiu non afrontar a disxuntiva da nova Delegación para A Costa, pero os asambleístas costeiros trasladaron a posición firme dos clubs para levala adiante.

Si se tratou a petición dun Bergantiños que leva décadas dando as costas ao Fútbol costeiro, que ten agora a intención de trasladar algúns equipos de base para os grupos costeiros (unha vez que se conseguíu un ascenso directo ás Ligas Galegas) e que propón, a última hora, este ano a inclusión do seu equipo B á Costa.

Se ben no plenillo de Baio a semana pasada a RFGF sinalaba que a decisión se tiña que tomar na Asemblea xeral, onte a directiva decidiu que fosen os equipos da 3ª da Costa, e non a todos os equipos da comarca, os que tomasen a decisión.

Deste xeito, o ente federativo xa lle trasladou aos clubs da 3ª unha pregunta, para responder antes do luns 4 de agosto, se aceptan ao Bergan B no grupo 3º A Costa “desde a temporada 2025/2026, incluida, e no sucesivo”.

Máis novas

Comentarios