Venres. 26.04.2024
El tiempo

FutFem: Bergantiños e Cerqueda seguen ao seu

Bergan fem
Bergan fem vs Orzán
FutFem: Bergantiños e Cerqueda seguen ao seu

Bergantiños 1 – 0 Antas (1ª Galega)

Bergantiños: Andrea; Laura, Lore, Elena, Yaiza; Sara, Noelia (Alba, 46’), Inés (Bárbara, 74’), Elena; Cruz e Marián (Isa, 84’).

Goles: 1-0, 51’: Cruz.

Chegou o Antas ás Eiroas como un equipo que visita a un dos grandes, o que fala moi ben do que está a conseguir este gran inicio do cadro de Gueli. O seu plan foi claro, pecharse atrás e intentar aproveitar algún balón longo ou unha contra rápida. Así, dominou durante os noventa minutos o Bergantiños, e tivo varias ocasións nos pés de Sara, Marián ou Cruz nunha primeira metade na que Andrea non tivo traballo baixo paus.

Tras o descanso seguiron as carballesas a buscar ese merecido gol, que co paso dos minutos parecía máis próximo debido á fatiga rival. Unha fatiga que, por outra parte, non se notou na súa porteira, gran protagonista do encontro ao evitar as innumerables ocasións locais. Unicamente Cruz, aos seis minutos puido facer o gol nun man a man.

Bergantiños - Antas (Gol de Cruz)

2ª Galega

Cerqueda 1 – 0 Calo

Cerqueda: Lydia; Lorena, Saskia, Mónica (Lucía Dourado, 65’), Lucía; Ana; Cristina (Raquel, 58’), Eva, Paula (Nuria, 78’), Zeltia (Natalia, 67’); Naroa.

Goles: 1-0, 18’: Paula.

Tremendo está a ser tamén o arranque deste Cerqueda feminino, que aínda que é case un novato na categoría está collendo xa pinta de candidato a estar arriba. Sobre todo se manteñen a solvencia e seguridade defensiva que están a amosar nos tres partidos disputados. As de Jorge Guillamet volveron a xogar un partido case perfecto nesa parcela, deixando a un gran rival como o Calo en moi poucas chegadas á área local.

E pese a que o Cerqueda tampouco creou demasiado perigo serio sobre a portería visitante, a eficacia acabou deixando os tres puntos na casa. O gol, antes do minuto 20, foi obra de Paula, e a partir de entón as locais administraron como quixeron o dominio dun encontro que rematou coa terceira vitoria en tres partidos.

Cacheiras 4 – 0 As Miúdas

As Miúdas:  Adriana; Uxía, Mariña, Clara, Sofía; Marta, Noa, Lorena, Ana, Saray; Paty.

Segue a ter grandes problemas As Miúdas para competir en igualdade de condicións, polo menos en canto a número de xogadoras na convocatoria se refire. Desta vez viaxaron a Santiago só con once futbolistas, das que dúas ían xogar o primeiro partido da súa vida. Por iso, cabe recalcar o traballazo feito polas de Juan Carlos, que non se descompuxeron nin se foron do encontro en ningún momento ante un rival potente como o Cacheiras, que xa amosara o seu potencial a semana pasada en Cee.

Aínda así, as locais foron moi superiores, levando a iniciativa durante os noventa minutos e adiantándose no minuto 5’ para poñer o peche á goleada no 85’.

Noia 6 – 0 Cee

Cee: Noemí; Laura Blanco, Lus, Alba, Lucía Facal; Nerea (Sabela, 77’); Lucía Martínez, Andrea, Minerva; Lucía Canosa.

Mesmo problema que ás Miúdas tivo o Cee esta semana, ao que lle coincidiu o seu encontro co do Fisober de fútbol sala, no que hai varias das súas xogadoras. Aínda así, as ceenses comezaron ben, metendo o susto no corpo das locais con dúas ocasións perigosas que non foron quen de mandar á rede. Algo que si fixo o Noia, que nun córner, aproveitou un erro defensivo das visitantes para facer o 0-1 no seu primeiro disparo. Intentou reaccionar o Cee, pero outros dous goles case seguidos deixaron o marcador cun 3-0 apenas no minuto 20.

A partir de aí, pouca historia lle quedou ao encontro pese aos reaxustes tácticos que intentou levar a cabo o Cee. As locais, moi cómodas no seu campo, souberon en todo momento como facer dano ás costas da defensa ceense, e pecharon unha goleada que, posiblemente, non sería tal de contar as visitantes con todo o persoal.

Comentarios