Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Futfem: Cee e Bergan, un chanzo por riba

Victoria-Bergantinos feminino
Imaxe do Victoria-Bergantiños na Grela
Futfem: Cee e Bergan, un chanzo por riba

Gañou o Cee o derbi ante As Miúdas e segue arrasando no grupo C . Aínda así o choque deixou un bo sabor de boca tamén na familia muradá que segue mellorando a pesar das numerosas baixas.

Tamén arrasa o Bergantiños no Gr.B, cunha nova vitoria que lle serve para seguir liderando na clasificación a falta de tres xornadas.
Boas novas ademais en Xaviña, onde o cadro cerquedán sumaba a segunda vitoria da súa historia.

2ª División Feminina, Gr.B, xornada 7

  • Resultado: Victoria - Bergantiños (1-2)
  • Bergantiños: Andrea, Sabrina, Seo, Tati, Lorena, Laura, Cruz, Alba, Noe, Laura e Yaiza. Tamén: Carla, Eva, Claudia, Saskia e Bárbara.
  • Goles: 0-1, m.11: Cruz a pase de Yaiza; 0-2, m.34; Cruz a pase de Lore; 1-2, m.70.

Un centenar de espectadores achegáronse á Grela para ver ás líderes, nun choque con dúas partes moi distintas e diferenciadas. No primeiro tempo, o Bergantiños dominou a base de oficio e pegada. Oficio xa que soubo entender o que o partido pedía, con presión alta e balóns diagonais ás costas, e así o Bergan chegaba con boas accións. De feito nunha desas accións, Yaiza conectaba con Cruz e esta non fallaba ante Paola e no minuto 11 subía o 0-1 ao marcador.
Transcorrían os minutos e a tónica marcada desde un inicio do encontro seguía sendo a mesma: partido disputado no medio, aínda que o Bergantiños conseguía poñer en máis aprietos a Paola con algunha chegada ao área, e o Victoria non concretaba nin chegaba ao área de Andrea con perigo.
Corría o minuto 34 e de novo Cruz, tras un gran pase de Lore volvíase a plantar soa diante de Paola, e non fallaba poñendo o 0-2 no marcador, resultado co que se chegaba ao descanso.

Tralo paso por vestuarios o partido daría un xiro de 180°: o dominio do Bergantiños pasaría a mans do Vitoria CF que na segunda metade fíxose co tempo e o ritmo do partido. No minuto 69, Alexia tras unha xogada batía a Andrea e subía o 1-2 ao marcador, resultado co que se chegaría ata o final do encontro. Tralo gol local, o nerviosismo instaurouse no equipo vermello pero non se movería o marcador. Nesta segunda metade, o Bergantiños defendería ben e o Victoria non foi quen de achegarse con perigo ao área do Bergan.

 

2ª División Feminina, Gr.B, xornada 7

  • Resultado: Cerqueda - Órdenes (4-0)
  • Cerqueda: Lidia, Mónica, Paula Veiiga, Lucía Canosa, Almudena, Raquel, Cristina, Ana, Lucía Dourado, Lorena e Eva. Tamén: Isa e Nayara.
  • Goles: 1-0, m.3: Paula; 2-0, m.21: Eva; 3-0, m.29: Paula; 4-0, m.70: Paula.

ud cerqueda feminino

Partido que se lles puxo de cara moi rápido ás xogadoras de Jorge Guillamet co primeiro dos tres goles que fixo a capitana Paula Veiga. A partir de aí as cerquedás fixeron un partido moi serio, no que apenas se concediu opción as rivais. A destacar a polivalencia de Lydia, que non duda en poñer os guantes e defender a porteria sempre que o equipo o precisa.

O cadro costeiro segue sumando minutos de competición e aprendizaxe, e ademais celebrou o debut no equipo Cristina, xogadora infantil que fixo un gran partido.

 

2ª División Feminina, Gr.C, xornada 7

  • Resultado: Cee - As Miúdas (2-1)
  • Cee: Noemí, Lucía Rod., Lucía Barreiro, Alba, Nerea, Lucía Canosa, Saray, Andrea, Sharay, Sara, Lucía Martínez. Tamén: Laura, Lucía Facal, Anxe, e Antía.
  • As Miúdas: Laura, Marta, Patri, Gala, Leti, Ainoa, Sofía, Marina, Paula, Saray e Marcela. Tamén: Liana.
  • Goles: 1-0, m.41: Saray; 2-0, m.43: Saray; 2-1, m.60: Ainoa.

Derbi costeiro no San Paio de Refoxos, cun Cee que semella estar este curso un chanzo por riba das muradás baseadas en 4-5 xogadoras que marcan a diferencia. Así e todo o partido estivo  igualado, cun cadro local que sempre levou a iniciativa en todo momento pero unhas muradás que fixeron un gran partido defensivamente, moi ben armadas atrás e buscando as contras.

O choque rompíase ao fío do descanso cos dous tantos de Saray para as de Rafa, que tiveron antes máis ocasións para adiantarse como unha de Lucía Canosa que tras levar varias defensas fixo lucirse á porteira Laura.

Pero na segunda, as de Juan Carlos abríronse un pouco máis, sen perder o sitio, e conseguiron meterse no partido co tanto de Ainoa e deixar a incerteza durante todo o encontro. O Cee puido sentenciar cun tiro ao longueiro de Saray Duarte, ou dous remates á saída de sendos córner de Nerea e Laura, pero non estiveron acertadas ante unhas muradás que só puideron contar con 12 xogadoras, apretaron nos últimos minutos.

Novas relacionadas

Crónicas do FSF

 

Crónicas do FutFem

Comentarios