Martes. 11.05.2021
El tiempo

Futfem: O Bergantiños ponse líder en solitario

Barbara co Bergantinos ante o Crendes
Bárbara ante o Crendes
Futfem: O Bergantiños ponse líder en solitario

Poucos partidos para os equipos costeiros na Futfem, xa que no Gr.C descansaba o Cee e As MIúdas viron suspendido o seu partido ante o Pastoriza B.

No B, o Bergantiños de Gueli e René quedan líderes en solitario tras superar ao Crendes, mentres que o Cerqueda caía ante o Victoria.

2ª Div. Feminina, Gr. B, xornada 3

  • Resultado: Victoria - Cerqueda (2-1)
  • Cerqueda: Nuria, Mónica, Paula Veiga, Lucía Canosa, Almu, Raquel, Ana María, Eva, Uxía, Lucía Dourado, Lorena Chouciño. Tamén: Michelle, Ludia, Isabel e Nayara.
  • Goles: 1-0, m.7: de penalti; 2-0, m.37: Mirian; 2-1, m.86: Lidia

Comezaban regular as de Jorge Guillamet, e parecía dende o comezo ía ser un deses días nos que non sae nada. Xa se adiantaban, dende os 11 metros, as locais, polo que dinámica das malpicás foi decanedo. O Victoria cun partido moi serio, puxo o 2-0 antes do descanso.
Melloraron as costeiras pero só conseguiron recurtar distancias no treito final, sen tempo para empatar.

2ª Div. Feminina, Gr. B, xornada 3

  • Resultado: Bergantiños - Xuv. Crendes (3-0)
  • Goles: 1-0, m.15: Noe; 2-0, m.77: Alba de vaselina; 3-0, m.90: Carla.

Bergantinos feminino 2021

Chegaban ás Eiroas os dous equipos como líderes empatados a 4 puntos, e xa se notaba desde o quecemento que sería un partido moi disputado. O Bergantiños levaría a batuta e Crendes esperaba, defendía e saía á contra. Así comezou, pero o Crendes sorprendía cunha presión adiantada e unha intensidade alta, que dificultou ás bergantiñás. Así e todo ían chegando as ocasións e ao cuarto de hora, un bo pase en profundidade chegaba a Noe que non fallaba diante de Andrea e subía o 1-0 ao marcador. De aí ao descanso, control local pero con moita desputa no medio campo e poucas chegadas ás áreas.

Na segunda metade o Bergantiños adianto liñas e apretou máis arriba querendo pechar o partido e cunha Lore estelar que se facía con todo balón ao seu paso, e Yaiza no traballo de asociación. Ambas conseguían manter a raia ás xogadoras visitantes e nunha desas asociacións de Yaiza con Alba, esta meteulle o balón en profundidade a Noe que se planta ante a porteira visitante Andrea e lle fai un paradón. Noutra saída de Yaiza co balón, combina con Cruz que mete para que Alba faga unha fermosa vaselina.

Acto seguido nunha boa internada por banda de Isa que mete o balón ao área e Cruz chegando en segunda liña disparaba a portería volve salvar Andrea. Puido recurtar o Crendes pero o balón foise alto. E ao fío do desconto, un córner botado por Cruz quedaba rexeitado no área e Carla sen ángulo realizaba unha espectacular vaselina ante a que nada podía facer Andrea.

 

As bergantiñás visitasen a próxima xornada a un rival sempre incómodo como é o Ordes.

Crónicas do FutFem

comentarios