Martes. 12.11.2019
El tiempo

FutFem: Cee e As Miúdas colócanse ben arriba mentres o Mazaricos non sae da zona baixa

Segue este Cee feminino facendo historia e o domingo non tiveron piedade do pechacancelas, ese manteñen no podio da clasificación, a só 3 puntos do liderato tras sumar 5 vitorias en 6 partidos. Xusto por detrás colócanse xa As Múdas. Foi o desta semana o mellor partido da temprada para o cadro de Fer e Fran, que dominaron dende o comezo ao Bandeira, e venceron con rotundidade.

Ademais, se ben o Bergan descansaba, o Mazaricos caía na súa visita ao Vista Alegre.

O Mazaricos feminino caeu en Santiago
O Mazaricos feminino caeu en Santiago
FutFem: Cee e As Miúdas colócanse ben arriba mentres o Mazaricos non sae da zona baixa

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.3, XORNADA 6

  • Resultado: As Miúdas - Bandeira (3-0)
  • As MIúdas: Laura, Gala, Paula, Marcela, Antía, Leti, María, Pati, Ainoa, Eva e Iria. Tamén xogaron: Ana, Sabela, Aitana, Saray e Mariña.
  • Goles: 1-0: Antía tras penalti cometida sobre Ainoa; 2-0: Ainoa; 3-9: Gala.

As MiudasFoto-Sesi Arcos
As Miúdas-Foto-Sesi Arcos

Pronto empezaron a dominar as Miúdas metendo as de Bandeira en campo propio e achegándose con perigo á meta de Denise, que en parte evitou un resultado máis claro. A presión era alta e os envites sucedíanse nos pes de Pati, capitana onte pola baixa de Martina, que rubricou un gran partido só empañado pola falla de acerto cara a rede. O duelo levaba a guía de Leti e María, coa batuta no medio do campo movían o balón con perigo e recuperaban rápido tras pérdida en campo rival.

Ainoa coas internadas facía moito dano e a defensa só a paraba con faltas. Nunha desas a falta era dentro da área e Antía non despediciou a ocasión para poñer por diante ás súas aos 20 minutos. Antes do descanso, Ainoa facía o segundo para o delirio da bancada.

Á volta das casetas mesma tónica e turno para as Miúdas máis novas, debut de Aitana, que con so 13 anos dou mostras de brega incansable dende o medio campo e pronto sacudeu o nervio no seu primeiro día de “traballo” oficial. Gala poría a puntilla de maneira espectacular, cun golazo olímpico dedicado a José María García, que esta semana saía de ton dicindo que “as futbolistas non teñen forza”.

 

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.3, XORNADA 6

  • Resultado: Nicrariaense - Cee (0-8)
  • Cee: Nemi, Lucía Rod., Lucía Barreiro, Marta, Nerea Suárez, Alba, Saray, María Lijó, Lucía Martínez, Uxía e Sharay. Tamén: Laura, Nerea Miñones, Lucía Brión, Lucía Canosa e Paula Estalote.
  • Goles: Uxía, Lucía Martínez (2), Lucía Canosa (2), Laura, Lucía Barreiro, e un en propia.

Empezaron as de Rafa o partido con algunhas dúbidas e imprecisións no pase, en parte pola boa presión que facían na saída de balón as visitantes. Pasados os primeiros minutos conseguiron superar a súa liña de presión e empezaron a xenerar ocasións sobre todo cas internadas de Uxía por banda, conseguindo ela os dous primeiros goles. A partir de aí estiveron moi cómodas no partido e foron aumentando a diferencia, marchando xa 0-4 ao descanso.

 

LIGA F7, GRUPO SANTIAGO, XORNADA 7

  • Resultado: Vista Alegre - Mazaricos CF (6-2)
  • Mazaricos: María Pedrosa, Yasmina, Lucía Freire, María Senra, Tamara, Ánxela e Lúa; Tamén xogaron: Rita, Inés, Iza, Katia, Yolanda, Sheila e Fátima.

Comezou ben o equipo amarelo, e mesmo se adiantaron cun gol de penalti xerado por Yasmina. Pero en tres despistes chegaron 3 goles consecutivos das locais. O partido era de ida e volta e conseguron recurtar cun tanto de Iza pero pero nos últimos minutos da primeira volveu dominar o cadro local colocando un claro 5-2 para ir aos vestiarios.

Na segunda parte saíron moito mellor as costeiras, combinando o balón. Marraba un claro un man a man e un remate de cabeza María Senra, dúas xogadas que puideron ter metido ás amarelas no partido. Pasaron os minutos con algunha ocasión máis pero non cambiou nada.

 

Novas do FutFem

NOVAS DO FSF

Comentarios