Venres. 18.10.2019
El tiempo

Futfem: Trío de derrotas

As Miúdas volveron de baleiro de Aguiño-Foto-Chema Caamaño
As Miúdas volveron de baleiro de Aguiño-Foto-Chema Caamaño
Futfem: Trío de derrotas

Despois do trío de vitorias da semana pasada, esta xornada os tres equipos costeiros en competición (o Bergan descansaba) sufriron a igualdade da competición. Miúdas, Cee e Mazaricos sucumbiron nos seus partidos.

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.3, XORNADA 3

  • Resultado: Xuventú Aguiño - As Miúdas (6-3)
  • As Miúdas: Adriana, Gala, Paula, Marcela, Martina, Antía, Laura, Leti, Marta, Ainoa e Pati. Entraron: Eva, Sofía, Saray, Sabela e Mariña.

As Miudas en Aguino-Foto-Chema Caamano 2

Primeira derrota da temporada para as Miúdas, tras unha semana regular de adestramentos. Xa comezaron as ribeirenses demostrando por que están na parte alta e sen deixarse posicionar ás muradás, e en apenas 15 minutos xa sentenciaran o partido cun claro 3-0.

Baixou o ritmo do partido e as costeiras foron achegándose á meta rival, sen demadsiada fe, ata que Pati recurtaba distancias, pouco antes de que o cadro local dese un novo mazazo sobre a mesa co cuarto tanto.

Na volta de vestiarios veuse outro encontro, dominio alterno do balón, cambio de esquema das visitantes e alternancia do dominio do balón, pero as mellores ocasións eran das de Muros, así Eva, materializaría o seu gol con dedicatoria especial para o ceo tralo pasamento de seu avó nesta semana. E lume no peito para as “rosinejras” que volvían a crer na posibilidade de sacar algo positivo, pero as “circunstancias” eran outras, o xogo parábase e curtaba o ritmo que buscaban as de Muros, e as locais con moito oficio administraban a renda lanzando contras perigosas para rubricar o seu dominio, nun destes lances, pase en profundidade de Alitas sobre Lucía, Martina sae o paso e na pugna entre as dúas hombro con hombro a capitana das Miúdas gaña o balón pero o colexiado sinala pena máxima, ante a incredulidade por ambos bandos, e a propia Lucía poría o 5-2 dende o punto de penalti acabando con calquera atisbo de esperanza das de Muros que competiron mellor na segunda parte, pero que tras este gol, xunto coa falta de forzas baixarían definitivamente os brazos.

Duas Miudas ceelbrando un dos tantos en Aguino-Foto-Chema Caamano
Marta e Pati celebran un dos tantos das Miúdas en Aguiño.Fotos-Chema Caamaño

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.3, XORNADA 2

  • Resultado: Cee - Arzúa (1-5)
  • Cee: Noemi, Lucía Sendón, Laura Garrote, Marta Sambade, Nerea, Lucía Canosa, Antía, María Lijó, Lucía Barreiro, Uxía e Lucía Martínez. Tamén: Paula, Ángela, Lucía Brión e Laura Blanco.

Recibía o Cee ao Arzúa na tarde-noite do sábado. As visitantes, un equipo máis veterano que as xoves locais, adaptáronse rápido e ben prantadas ás dimensións do campo ceense, e pouco a pouco foron collendo a iniciativa do partido a partir de rápidas transicións cunha protagonista clara, Helena, autora de 4 tantos.

Adiantáronse con dúas xogadas individuais con gran potencia e desborde aproveitando as grandes dimensións do campo. Despois diso, as ceenses, con baixas importantes, soltaronse algo máis e tiveron algunha ocasión para reducir a distancia no marcador, pero na última xogada do primeiro tempo, de novo a potente dianteira visitante marcaría noutra xogada individual.

Saíron do descanso moito mellor as locais e comezaron a combinar e chegar algo máis arriba, pero as visitantes aguantaron ben o arreón cun equipo moi ben prantado en zona media e despejando toda disputa que existía. Así estivo o partido ata o ecuador da segunda metade, onde de novo Helena culminaría outra xogada despois de gañar dúas disputas a defensa local e definir o pau largo. Aí, o partido rompeuse máis e houbo ocasións para os dous lados, tendo Uxía, Canosa e Lucía un total de 4 ocasións de gol para as locais. Tamén as visitantes fixeron lucirse a Noemí en varias ocasións antes de marcar de novo. Ahí, apareceu Lucía Canosa para en dúas xogadas individuais primeiro avisar, e despois marcar o gol da honra ceense previo ao final do partido.

 

LIGA F7, Grupo Santiago, xornada 4

  • Resultado: Calo - Mazaricos (2-1)
  • Mazaricos: Adriana, Gala, Paula, Marcela, Martina, Antía, Laura, Leti, Marta, Ainoa e Pati. Entraron: Eva, Sofía, Saray, Sabela e Mariña.
  • Goles: 0-1, m.17: Graci; 1-1, m.29; 2-1, m.31.

Saía o Mazaricos cao idea moi clara de defender ben e a partir de aí intentar xerar contras, e durante a primeira metade o equipo defendeu moi ben contra un dos equipos potentes da Liga, que contaba cunha media de 4 goles por partido. E foron as amarelas as que se adiantaron cun tanto de Graci, tras unha boa saída de balón da central, que abríu balón a banda, regatou a unha defensa e xa encarou a porteira metendo o gol.

Comezaron a percutir as santiaguesas, que empataban pouco antes do descanso nun erro defensivo collendo as marcas.

A segunda comezaba co equipo ben prantado pero tamén chegou o segundo tanto. Intentárono as costeiras pero sen acerto cara portería deixando o 2-1 provocando a segunda derrota da tempada.

 

Novas do FutFem

NOVAS DO FSF

Comentarios