xoves. 14.11.2024
El tiempo

FutFem: Debut histórico da UD Cerqueda

Primeira convocatoria da UD Cerqueda feminina-Foto-UD
Primeira convocatoria oficial da historia da UD Cerqueda feminina: Arriba á esquerda: Jorge Guillamet, Nuria Tuset, Raquel Pose, Ana Suárez, Almudena Fariña, Lorena Chouciño, Nayara Abelenda; Abaixo pola esqueda: Mónica Loureiro, Michelle Álvarez, Paula Veiga, Lucía Canosa, Lidia Verdia, Uxía Casal e Lucía Dourado
FutFem: Debut histórico da UD Cerqueda
Arrincou esta mini campaña do Fútbol Feminino costeiro. Á espera do debut das Miúdas (tocáballes descansar no Gr.C) as Cee, Cerqueda e Bergantiños comezaron con diversos resultados, no que foi un día histórico para a familia da UD Cerqueda, polo debut do seu equipo feminino. Non puido celebralo con vitoria pero a alegría estaba servida de antemán.

O Cee goleaba ao Victoria e o reforzado Bergantiños non pasou do empate ante un Pastoriza que sacou proveito do balón parado e conseguíu o empate sobre o pitido final.

Todo nunha competición na que os clubs teñen que facer test de antíxenos, e onde a máscara é voluntaria.

 

2ª Div. Feminina, Gr.B, xornada 1

  • Resultado: Cerqueda - Xuv. Crendes (0-1)
  • UD Cerqueda: Nuria Tuset, Paula Veiga, Lucía Canosa, Michelle Álvarez Chouciño, Almudena Fariña, Ludia Verdía, Raquel Pose, Ana Suárez, Uxía Casal, Lucía Dourado, Lourena Chouciño. Tamén xogaron: Mónica Loureiro, Mª Isabel Amado, Nayara Abelendo.
  • Gol: 0-1, m.5.

UD Cerqueda
Michelle Álvarez

Aliñación histórica (foron baixa Paula González, Isabel Amado e Nuria Chouciño) do primeiro partido oficial da historia da UD Cerqueda en categoría feminina. Un club pequeno, de parroquia, que en apenas 5 anos cambiou por completo a súa historia.

O primeiro partido recollía a visita do Crendes. As de Jaime Guillamet comezaron con nervios, e froto dese inicio dubitatitivo chegaba o gol viistante tras varios rexeites.

Pouco a pouco as locais foron igualando a contenda, e facéndose co control do balón. Non era un partido de grandes ocasións, pero un choque moi intenso, moi disputado, no que as costeiras non mereceron a derrota.

Isto foi só o inicio dunha fermosa singrandura.

 Capi da UD Cerqueda feminina
A capi cerquedá Paula Veiga

2ª Div. Feminina, Gr.B, xornada 1

  • Resultado: Pastoriza - Bergantiños (2-2)
  • Bergantiños: Andrea Amil, Sabrina, Tati, Lorena, Laura Torrado, Cruz, Isabela, Noelia, Laura Caamaño, Claudia, Yaiza. Tamén: Lara, Carla, Eva, Saskia, e Bárbara.
  • Goles: 0-1, m.58: Laura Caamaño; 1-1 m.69: de penalti; 1-2, m.83: Cruz; 2-2, m.90.

O Bergantiños, de novo ás ordes de Gueli, foi claro dominador no choque en Pastoriza aínda que nos primeiros compases non se encontrou moi cómodo no campo. O forte vento facía que fose moi imcómodo xogar. Ata a metade da primeira parte non habería demasiadas ocasións, aínda que o equipo que mais se achegaba á portería rival eran as carballesas, pero sen demasiado perigo.

Na segunda parte o Bergantiños meteu unha marcha máis e empezou a rondar máis perigosamente á portería local. Nunha incorporación en ataque da central Laura Caamaño, a mellor das carballesas e que debutaba, rematou as redes un centro de Lore dende a banda. Seguidamente puido sentenciar a outra debutante Bárbara (a ex dos Miúdos) pero errou a porta vacía a pase de Cruz. Nunha acción aislada no saque dunha falta, o árbitro pitaba un penalti mais ca dudoso. Paula empataba para as locais. Bárbara volveu encarar portería pero o seu lanzamento foi ao pau. Cruz, a 7 min do final, desbordaba por velocidade e poñía o 1-2 que parecía definitivo. Pero no tempo de desconto e, noutra falta lateral o Pastoriza colgaba o balón á área e outra vez Paula colocaba o definitivo 2-2.

 

2ª Div. Feminina, Gr.C, xornada 1

  • Resultado: Cee - Victoria (4-0)
  • Cee: Noemí, Lucía Rod., Lucía Barreiro, Alba Trillo, Nerea, Lucía Canosa, Saray, María Lijó, Uxía Lema, Andrea Romero. Tamén: Lucía Facal, Marta Sambade, Sara, Antía Lago, Lucía Martínez.
  • Goles: 1-0, m.2: Saray; 2-0, m.36: Lucía Barreiro tras unha gran xogada persoal; 3-0, m.49: Lucía Canosa remata unha boa contra; 4-0, m.56: Nerea unha moi boa xogada individual na que se vai de tres rivales, plántase soa diante da porteira e define de tiro cruzado.

Primeiro partido da temporada do equipo que volve adestrar Rafa, e notouse a falta de rodaxe despois dun ano sen competir, nesta temporada tan curta e sen amistosos previos. Así e todo as ceenses foron superiores a un cadro de xogadoras moi novas, sen facer un partido brillante, con falta de claridade de ideas.

O gol inicial de Sharay Camaño, unha das destacadas, puña o partido de cara. Pero estaban espesas as locais, que seguían chegando, sen demasiado acerto nin precisión, á area rival.

O vento a favor na segunda metade fixo máis patente o domino local, completando a goleada. Debutaron co equipo as dúas incorporacións deste ano, Sara e Lucía Facal.

Comentarios