Venres. 19.04.2024
El tiempo

Futfem: Gran xornada para a Costa da Morte

Xallas feminino co 25N
Futfem: Gran xornada para a Costa da Morte

1ª Galicia

Friol B 0 – 5 Bergantiños

Bergantiños: Andrea; Laura, Lore (Noe Amarelle, 78’), Tati Túñez (Bárbara, 71’), Yaiza; Elena, Inés (Laura, 78’), Alba (Lara, 60’), Marián (Carla, 60’); Cruz e Pita.

Goles: 0-1, 8’: Cruz / 0-2, 39’: Inés / 0-3, 45’: Marián / 0-4, 76’: Lara / 0-5, 77’: Cruz.

Tremendo o encontro que fixo o equipo de Gueli para resarcirse da derrota da semana pasada ante o Lugo. Foi un partido dominado de principio a fin ante un rival con moitas baixas e cun ritmo altísimo que mantiveron ata o final. O que xunto á agresiva presión tras perda foi demasiado para as locais. Ademais, Cruz meteu unha das primeiras ocasións, o que abriu moito o camiño para que Inés, cunha gran incorporación ao ataque, e Maríán deixasen practicamente sentenciado o choque.

Na segunda parte, aproveitou Gueli para dar minutos ás que menos viñan xogando, o que non se notou nadiña no xogo realizado, que seguiu a ser magnífico, acosando ao rival con balón en todo momento e creando moitas ocasións. Os goles chegaron en dous minutos seguidos de moita lucidez ofensiva.

2ª Galicia

Cee 2 – 0 Unión

Cee: Noemí; Lucía Facal (Nayara, 90’), Lurs, Alba, Nerea; Saray Duarte, María Lijó (Sabela, 89’); Minerva (Laura Blanco, 59’), Lucía Canosa, Andrea; Saray Caamaño (Sabela, 85’).

Goles: 1-0, 21’: Saray Duarte / 2-0, Lucía Canosa.

Unha semana máis, o Cee volveu a bordar o fútbol na primeira metade, xogando moi preciso e cunha saída moi rápida e traballada de balón. De feito, durante os primeiros corenta e cinco minutos foron absolutamente para as da franxa, que non deixaron que o Unión tirase unha soa vez á portería. En canto ás ocasións locais, houbo de todo: tiros ao pau, disparos que se marchaban por nada, balóns que se paseaban pola área pequena... Só Saray, cunha preciosa falta pola escuadra, e Lucía Canosa foron quen de mandar o balón á rede.

E igual que repetiran o inicio da semana pasada, as ceenses tamén caeron no mesmo erro: saír durmidas dos vestiarios. Así, as visitantes dispuxeron do seu mellor momento ata o minuto 70’, cando o Cee volveu a recuperar o dominio e puido ampliar a súa vantaxe con varias ocasións de Lucía Canosa ou Laura Blanco.

Xallas 7 – 0 Amio

Xallas: Xiana; Laura, Maite, Andreíña (Roo, 46’), Rita (Ali, 46’); Leti ( Inés, 46’), Yoly, Michelle, Luchi (Rhany, 79’); Yas (Yomar, 59’) e Xastia.

Goles: 1-0, 1’: Yoly / 2-0, 5’: Xastia / 3-0, 25’: Yas / 4-0, 28’: Yas / 5-0, 61’: Yomar / 6-0, 71’: Xastia / 7-0, 87’: Xastia.

Partido que se nos puxo de cara no primeiro minuto cando un centro chut de Yoli, acabou dentro.
Cinco minutos máis tarde Xastia de falta puña o 2 e dificultaba a reacción dun rival que ademais viña con baixas.
Apenas nos crearon peligro na primeira metade.
Chegando o descanso con dous goles máis de Yasmin un despois dunha internada de Rita dente atrás que lle serviu o gol en bandexa e outro despois dun gran centro de Laura.
Na segunda parte máis do mesmo, saiunos todo e elas fallaron tres ocasións moi claras e pouco a pouco viñéronse a baixo e nos redondeados o marcador con goles de Yomar e por partida dobre Xastia

As Miúdas 0 – 2 Praíña Sporting

As Miúdas: Noa; Pau, Sofía, Sarai (Nerea, 80’) , Clara; Uxía, Marta (París, 86’), Ana (Lorena, 60’), Leti, Sabela; Paty.

Goles: 0-1, 63’: María / 0-2, 77’: Vanessa.

O cadro costeiro segue sen levantar cabeza, e continúan de pechacancelas cun só punto.

Liga F7 Santiago

Mazaricos 3 – 1 Bandeira

Mazaricos: Pedrosa; Claudia, Ánxela, Lúa, Graciela, Tamara e Natasha. Tamén xogaron Sheila, Seijas, Fátima, Daniela, Carla e María Jirra.

Goles: 1-0, 11’: Graciela / 2-0, 21’: María Jirra / 2-1, 22’ / 3-1, 46’: Daniela

Imaxe do Mazaricos Feminino de branco

Volve a senda da vitoria o Mazaricos tras o seu empate da semana pasada. As amarelas foron claras dominadoras de balón e como consecuencia levaron o peso do xogo con ocasións, ata que mediada a primeira metade, Graciela facía o 1-0 cun disparo axustado dende fora da área. Pouco despois María Jirra puña o 2-0 cunha gran definción rasa despois dunha parede. Parecía que se ían no marcador as locais, pero na xogada seguinte, o Bandeira acurtaba distancias aproveitando unha serie de rebotes na área.

Os segundos vinte e cinco minutos tiveron o mesmo guión, pero tres balóns ao traveseiro e a mala fortuna de cara a portería, fixo que só Daniela cun disparo afastado puidese poñer o 3-1 co que remataba o encontro.

Comentarios