Venres. 29.03.2024
El tiempo

Futfem: O Mazaricos debuta gañando no F7 e o Cee logra a única vitoria do grupo 3

Mazaricos feminino
Mazaricos feminino
Futfem: O Mazaricos debuta gañando no F7 e o Cee logra a única vitoria do grupo 3

As Miúdas 0 – 4 Noia

As Miúdas: Noa; Pau, Mariña, Sofía, Clara, Uxia; Marta, Ana, Leti, Saraye; Paty.

Outra semana máis chegou o partido con problemas de efectivos para As Miúdas, que optaron entón por un sistema de bloque baixo sabendo da superioridade do Noia, intentando xogar así á contra. As noiesas dominaron pero o certo é que tiveron poucas ocasións, a parte do gol de falta directa, mentres que as locais contaron con dúas bastante claras. Sobre todo a do último minuto da primeira parte, nun man a man ca porteira. 

Na segunda parte, froito do esgotamento, as locais xa non chegaron tanto pero defenderon moi ben. O Noia, pola súa parte si acumulou chegadas, aínda que tivo que facer os dous seguintes de goles dunha falta e dun penalti, nunhas xogadas moi protestadas polo bando local.  

Xallas 1 – 4 Cacheiras

Xallas: Xiana; Lucía (Tanía, 42’), Luchi, Laura, Maite; Andrea (Leti, 22’), María (Inés, 58’), Roo; Yoli (Mixu,76’), Yas (Ali, 77’) e Xastia.

Goles: 1-0, 36’: Yas / 1-1, 48’: Carla / 1-2, 55’: Irene / 1-3, 70’: Carla / 1-4, 86’: Sixto.

Partido moi disputado na primeira parte, onde o Xallas se impuxo no marcador gracias o gol de Yas. Iso si, o Cacheiras tamén dispuxo de dúas claras oportunidades, pero a falta de acerto e as paradas de Xiana fixeron que as locais foran por diante.

Xa na segunda parte, o Cacheiras metiuse no partido moi pronto cun gol de libre directo, no que nada puido facer Xiana e acto seguido remontaban o partido nunha xogada na que pillaron despistada á liña defensiva. Un momento no que ao Xallas lle fixeron moito dano as lesións de Andrea ou Yasmina e que rematou coa sentencia de Carla cando aínda faltaban vinte minutos.

Victoria 2 – 2 Cerqueda

Cerqueda: Lucia Dourado; Raquel (Lucía Fariña, 60’, Saskia, Mónica, Lucía Rodríguez; Ana; Cris (Isa, 46’), Eva (Ana Varela, 73’), Paula, Zeltia (Nuria, 66’); Naroa.

Goles: 1-0, 18’: Claudia / 1-1, 31’: Naroa / 1-2, 70’: Saskia / 2-2, 89’: Carolina.

Choque tamén moi igualado o que se viviu en Santiago de Compostela entre Victoria e Cerqueda, e no que as costeiras perderon os seus primeiros puntos cun gol no penúltimo minuto. E iso que o equipo viaxaba con algunha baixa moi importante, como a da porteira titular, Lydia.

Pero, aínda así, foron quen de remontar o gol inicial e de poñerse por diante a vinte minutos do final do encontro cun bo gol de Saskia. O que pasa é que no último minuto, un gol das locais frustraba a vitoria e facía que o Cerqueda perdera a súa condición de colíder. Iso si, seguen invictas.

Cee 6 – 1 Amio

Cee: Noemí; Laura Blanco, Lurs, Nerea; María Lijó, Saray Duarte (Sabela Corbelle, 70’); Lucía Martínez, Andrea, Lucía Canosa (Lucía Facal, 80’), Minerva; Saray Caamaño.

Goles: 1-0, 18’: Lucía Canosa / 2-0, 23’: Saray Duarte / 3-0, 25’: María Lijó / 4-0, 39’: Saray Caamaño / 4-1, 57’: Patricia  /5-1, 59’: Saray Caamaño / 6-1, 61’: Nerea.

Necesitaba o Cee unha vitoria así tras o difícil tropezo da semana pasada ante o Noia. Unha vitoria que as de Rafa e Isidro encarrilaron dende cedo, aínda que os primeiros dez minutos se lle atragoaron un pouco. Non obstante, no minuto 40 xa mandaban por catro goles despois de vinte minutos de ofensiva total cun sistema táctico no que se miraba só ao ataque.

Na segunda metade intentou volver a meterse no partido o Amio, pero non o permitiron as ceenses, que en tres minutos fixeron dous goles máis para deixar xa o definitivo 6-1 no marcador. Un Cee que se coloca agora con seis puntos e tres partidos disputados.

Nicrariense 0-3 Mazaricos (Liga de Santiago - Fútbol 7)

Mazaricos: Pedrosa; Fátima, Ánxela; Graci, Lúa, Tamara; Natasha. Tamén xogaron: María Senra, Lucha, Claudia, Seijas, Carla e Daniela.

Goles: 0-1, 17': Graci / 0-2, 36': Tamara / 0-3, 47': Graci.

Partido bastante soso de ambos equipos e con pouco ritmo, pero donde as costeiras foron superiores debido as circunstancias que levaron ás locais a presentarse cunha porteira de xogadora e unha xogadora lesionada de porteira. Así, xa no primeiro tempo houbo varias ocasións antes do gol de Graci incluído un tiro ao traveseiro.

Na segunda metade, outra vez se notou o tempo sen competir, con pouco ritmo e moita imprecisión.  O Nicariense intentou empatar, pero Pedrosa evitou o gol de falta direta antes de que Tamara e Graci sentenciaran a primeira vitoria da tempada para un Mazaricos con moi boa pinta.

Comentarios