Martes. 19.11.2019
El tiempo

A Gala QPC, punto de encontro para rematar o Álbum de Cromos

Pódese comprar o álbum completo

A Gala QPC, punto de encontro para rematar o Álbum de Cromos

Todo marcha perfectamente cara a VI Gala do Fútbol da Costa - QPC que acollerá o vindeiro 28 de xuño a Casa da Cultura de Olveira. Unha cita que serve para entregar case que 30 premios aos mellores do curso, pero que ademais servirá para intentar rematar os nosos álbums dos cromos da Costa.

Por iso animamos a que levedes os tacos de “sipis” e as lista cos cromos que vos faltan, para facer unha batida de intercambio ao remate da Gala, nos pinchos.

Así mesmo, levaremos os últimos sobres, así como un novo produto para os que non vos animastes a coleccionar.

Álbum completo

Na Gala poderemos facervos cun álbum completo por 70€.

Se estades interesados nel, tamén podedes contactar con nós en [email protected] e volo enviamos a casa.

Novas relacionadas

Cartel Gala Futbol da Costa 2019 960

Todas as novidades do Álbum da Costa

Comentarios