Gardu e Diego Estévez levan os Trofeos Pichichi e Pombo da Pref. e 1ª Galicia
Remataron as temporadas regulares na Preferente e 1ª Galicia e coma sempre os equipos costeiros miran de esguello os premios da Gala do Fútbol da Costa, que este ano se celebra o 7 de xuño en Santa Comba.
Pichichi
E así se demostra da pelexa polo Pichichi, vendo como nesta última xornada os dous xogadores que partían con opcións o deron todo para conseguir o prezado balón da Olería de Buño. Finalmente repetirá trofeo Diego Estévez. O fisterrán, que o ano pasado levou o premio xogando do Dumbría, fixo un temporadón na súa volta a casa, e acabou a temporada pelexando ao máximo polo Pichichi. Asinou, de feito, 3 goles, na última xornada ante o Valiño, o que lle deixa cun total de 23 tantos, 2 máis que Juanjo do San Lorenzo, que tamén anotou un par de goles na última ante o Valiño.
O pichichi do Sofán foi Marcos Montero con só 9 goles, o que dá conta do coral que foi este ano o cadro de Pablo Torreira.
PICHICHI PREF e 1ª | Goles | Partidos | Media |
Diego Estévez (Fisterra) | 23 | 32 | 0,71875 |
Juanjo (San Lorenzo) | 21 | 28 | 0,75 |
Elías Ruso (Esteirana) | 14 | 30 | 0,4666666667 |
MC (Baio) | 11 | 22 | 0,5 |
Isaac Fábregas (Fisterra) | 10 | 17 | 0,5882352941 |
Miller (Dumbría) | 10 | 26 | 0,3846153846 |
O Premio Pombo
O premio que lembra a Alex Pombo recae este ano en Carballo. Con tan só 19 anos, para 20, Pablo García Duarte, “Gardu”, leva o trofeo por diante de Anxo Lema (Dumbría), que foi gañador o ano pasado. O carballés, canteira do Sofán dende cativo, pasou polo Bergan en cadetes e Xuvenís, e volveu este ano para a súa casa para disputar a súa primeira temporada como sénior e facer un temporadón en Preferente.
PREMIO POMBO Pref e 1ª | Goles | Partidos | Media |
Gardu (Sofan) | 34 | 28 | 1,214285714 |
Anxo (Dumbría) | 41 | 30 | 1,366666667 |
A regular temporada do resto de equipos evitou que tiveran opcións grandes porteiros como MJ (Esteirana), que xa ten un trofeo de hai 2 anos, o eterno Puyol que se retiraba este pasado domingo tras un bo feixe de temporadas como capi do San Lorenzo (vai seguir na directiva!); Joselu, que volveu á súa casa de Ara Solis, ou os Iván Fraga e Javi Souto que alternaron na meta do Baio.