Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Lissette e Patri Romaní, a Pombo e a Pichichi do FUTFEM costeiro 23/24

Patri Romani e Lissette Premios Pichichi e Pombo Futbol da Costa 2024
Patri Romani e Lissette Premios Pichichi e Pombo Futbol da Costa 2024
Lissette e Patri Romaní, a Pombo e a Pichichi do FUTFEM costeiro 23/24

Xa temos gañadoras da segunda edición dos Premios Pombo e Pichichi no Fútbol Feminino da Costa. Son Lissette (Dumbría) e Patri Tomaní (Dumbría) as que toman o relevo de Naroa e Rosío e as que recibirán o prezo balón da Olería de Buño na Gala do Fútbol da Costa-QPC, que se celebra en Santa Comba o vindeiro 7 de xuño.

A Premio Pombo

Lissette nun partido co Dumbria-Foto-CFF Dumbria
Lissette nun partido co Dumbría-Foto-CFF Dumbría

A porteira do Dumbría, equipo campión da Liga da Costa, da 3ª Galega, Lissette, leva o Premio Pombo á Porteira Menos Goleada (lembren que o premio na Costa leva o nome de Alex Pombo, porteiro cabanés finado prematuramente en 2015). O equipo de Santi Lira, dirixido a comezo de temporada por Fran Figueroa, encaixou tan só 13 goles ao longo de toda a temporada, dos só 9 recibiu a meta dominicana.

Moi preto quedan as metas de Ponteceso e Corme, María e Belén esta a única que o xogou todo. A lesión de Noemí (Cee), que o ano pasado quedou a apenas 2 goles de Rosío (Xallas), puido restarlle opcións á ceense. Mentres, a xalleira non tivo opcións de recuperar o seu trono a nivel global, pero si foi a menos goleada dos equipos costeiros da 2ª Galega.

PREMIO POMBO FutFem Goles Partidos Media
Lissette (Dumbría) 9 25 0,36
María (Ponteceso) 23 26 0,8846153846
Belén (Corme) 27 30 0,9
Valeria (Mazaricos) 31 27 1,148148148
Rosio (Xallas) 42 24 1,75
Noemi (Cee) 42 21 2
Sheila (Muxia) 53 24 2,208333333

A Pichichi

Patri Romani marcndo un gol co Muxia CF-Foto-Marina Busto
Patri Romaní marcando un gol co Muxia CF-Foto-Marina Busto

Se a Pombo é unha xogadora veterana con Lissete, a Pichichi vai para outra das grandes veteranas do noso fútbol. Cunha historia inconmensurable no mundo do fútbol sala, xogando ao máximo nivel, este ano non quixo faltar á súa cita coa historia neste primeiro ano do Muxía CF no fútbol feminino. Da man da súa compañeira tamén no Fisober, Barca Toba, puxeron ás Corviñas no máis alto da Liga cos seus goles, pero a lesión de Barca impediu que o equipo seguise competindo ao máximo nivel.
Barca rematou con 17 goles, marcados, ollo, en 12 partidos; mentres que Patri acabou con 37 tantos.

Por detrás quedou Andrea Varela, a killer do Ponteceso, con24 tantos, polos 30 de Carla, ou os 25 de Andrea (Fisterra) e Irene (Cabana), dúas das grandes irrupcións na Liga.

PICHICHI FUTFEM Goles Partidos Media
Patri Romaní (Muxía) 37 27 1,37037037
Andrea Varela (Ponteceso) 34 28 1,214285714
Carla (Bergantiños) 30 24 1,25
Andrea Romero (Fisterra) 25 22 1,136363636
Irene Rod. (Cabana) 25 27 0,9259259259
Eva Lema (Dumbría) 24 22 1,090909091
Carla Pose (Corme) 23 29 0,7931034483
Paula Veiga (Cee) 21 31 0,6774193548
Olalla (Xallas) 18 28 0,6428571429

Máis novas

Comentarios