Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Gran Semana Santa do Dumbría na loita pola permanencia na Liga Galega Cadete

Dumbria da Liga Galega Cadete 2023
O Dumbría cadete celebrando a vitoria o pasado sábado no vestiario
Gran Semana Santa do Dumbría na loita pola permanencia na Liga Galega Cadete

Está cara a permanencia nas Ligas Galegas. Así o nota o cadro xuvenil do Dumbría, xa descendido tras un curso tremendamente complicado. E así o está notando o equipo cadete, que vén de gañar os dous partidos de Semana Santa dando un salto na táboa e saíndo dos postos de descenso a falta de 6 xornadas para o final. A inercia é moi positiva con 4 vitorias, 1 empate e 1 derrota nos últimos 6 partidos.

Os de Huelvis e Dani Canosa “Quintelo” chegaban tras un varapao sufrido en Oroso, pero este grupo é capaz de erguerse cada vez que cae. O xoves recibían no Conco ao Calasanz, coa baixa dun importante Javi Lema, pero o equipo volveu demostrar estar moi por riba das individualidades. O cadro dumbriés mandou no choque dende o comezo, maniantou ao rival, sacou boas transicións, e estivo moi forte a balón parado. Marcou o primeiro gol Breixo de cabeza tras un saque de falta de Iago Larrañaga, e xa avanzado o segundo tempo, tras unha xogada colectiva Adrián Trasmonte facía 2-0 para sumar 3 puntos importantes a un rival que estaba moi preto na táboa.

Na xornada do sábado, o equipo desprázabase a Coruña para xogar ante o Imperátor, coa “alegra” baixa de Iago Larrañaga, que estaba nunha concentración coa Selección Galega de Volei, todo un orgullo para o club. Ás ordes de Quintelo (Huelvis non puido estar) o equipo respondeu de novo, nun choque complicado, no que os herculinos se adiantaron no marcador, pero que no segundo tempo, a base de tranquilidade, e de ir dominando o xogo dende o balón, cun acertado Pablo Costa que leva un mes espectacular, e co traballo grupal, mesmo dos cambios, como gran alicerce.

Adrián Trasmonte, que leva un feixe de pequenas lesións, aportou moito instinto goleador, velocidade, traballo defensivo, e foi quen de darlle a volta ao marcador con dous goles, completando a remontada Iago Insua, que se multiplica tanto en tarefas defensivas como no extremo.

6 finais para evitar os arrastres

Quedan 6 finais, e o equipo ten que seguir pelexando, porque vai haber arrastres, tendo que deixar 5-6 equipos por debaixo. Pero o equipo chega nun bo momento, por traballo, por motivación.

A primeira será este sábado as 12:00h no Conco ante o Ural B.

As táboas en www.futboldacosta.com

Máis novas do Fútbol Base

Comentarios