Gueli na previa da final de Copa: "Non recordo unha tempada tan longa coma esta, pero chegamos bastante ben"

Afronta o Bergantiños a súa segunda final da Copa da Costa, na segunda edición da Copa da Costa Feminina. O cadro vermello é o gran dominador do noso fútbol costeiro, e se a piques estivo de conquistar o ascenso á categoría nacional, non fallou e se cola, con todo merecemento na cita deste domingo 3 de xullo.
O vixente campión enfróntase a partir das 12:00h no Campo de Fontenla a un CF Noia que estrea participación na nosa copa, rememorando os anos nos que o cadro da Barbanza participaba na copa costeira.
Falamos co seu adestrador, Gueli.
- QPC: Como chegades á final?
Pois chegamos nun bo momento de xogo. Viñamos de estar dúas fins de semana sen competir, pero nas semifinais contra o Cerqueda recuperamos o ritmo e as boas sensacións.
- QPC: Que tal está o equipo fisicamente despois de tan longa tempada?
Non recordo unha tempada tan longa coma esta. Levamos case 11 meses competindo, pero a verdade é que chegamos bastante ben. Estivemos toda a tempada a un nivel físico moi bo e non deixamos de adestrar ningunha semana. É importante chegar ao tramo final da tempada en boas condicións físicas.
- QPC: Como andades de baixas?
Pois temos varias baixas importantes por motivos laborais e viaxes. Pero temos unha plantilla amplia e as xogadoras que están dispoñibles están preparadas de sobra para este tipo de partidos.
- QPC: Como están as chicas de ánimo?
Foi unha tempada moi longa na que pasamos por moitos estados de ánimos. Xogamos unha liga, unha fase de ascenso, e agora estamos nunha final de Copa da Costa. Están desexosas de que chegue o partido e con moitas gañas de defender título.
- QPC: Coñecedes moito o Noia?
- QPC: Cales cres que van ser as claves para levar a Copa?
Imaxino que os dous equipos querrán implantar o seu xogo, pero penso que o equipo que cometa menos fallos en defensa terá moito gañado. Despois os dous temos potencial ofensivo para crear ocasións.
- QPC: E sobre a revolución do FUTFEM, tralo fantástico álbum, que vos parece que o Futbol Feminino estea xa tan presente na Gala do Fútbol da Costa?
É unha moi boa nova. Debemos darlle visibilidade para chegar á maxima igualdade entre o fútbol masculino e o feminino. Estamos dando pasiños importante, pero aínda queda un longo camiño.