Martes. 05.11.2024
El tiempo

Guía da 1ª Galicia: Con máis ganas que nunca

Despois de vinte meses parada, a primeira autonómica volve nun formato máis atractivo que nunca para os seguidores da Costa da Morte, con sete equipos competindo xuntos na primeira fase. Baio, Corme, Dumbría, Mazaricos, Ponteceso, Soneira e Volantes comezarán esta fin de semana unha nova tempada chea de incertezas e competitividade.

Primeira
Primeira
Guía da 1ª Galicia: Con máis ganas que nunca

A Primeira autonómica arranca esta fin de semana con moitas novidades respecto a última tempada. Será unha liga dividida en dúas fases e dous subgrupos, o que convirte ao noso subgrupo b do Grupo 2 nunha mini liga da Costa na que participarán sete equipos da bisbarra. Equipos que pasamos a analizar cos seus adestradores e que se poderán ver en QPC tv, que estreará as súas emisións cun dos primeiros derbis da tempada, o Corme – Soneira.

C.D. Baio

C.D. Baio

Porteiros: Diego Fernández (Sen equipo) e Víctor (Soneira).

Defensas: Ceide (Sen equipo), Álex Varela, Peque, Damián, Braian, Carlos e Yago.

Centrocampistas: Norberto, Mario (Meicende), Rubio, Bieito, Manu Santiso, Porty, Javi Suárez e Fachal (Sen equipo).

Dianteiros: Fran Chousa (Betanzos) e MC..

Adestrador: Pablo Torreira.

Presidenta: Rebeca Facal.

Nunha preparación que foi estraña e difícil para tódolos equipos debido á falta de ritmo e conseguintes lesións, o Baio é, quizais, o máis prexudicado. Sobre todo, coa mala nova de Javi Suárez, que pode ser baixa para un longo período. Aínda así, os de Torreira son un dos equipos xa afianzados na categoría, estando sempre na metade alta da clasificación grazas a calidade dos Bieito, Rubio, Santiso ou MC, que volve tras a súa “cesión” ao Arteixo. De ter un pouco máis de regularidade que outras tempadas, estarán pelexando por colarse entre os tres postos que dan acceso á fase de ascenso na primeira liguiña.

 

Corme C.F.

Corme C.F.

Porteiros: Suso, Illote e Adri (Xuvenil).

Defensas:  Aitor, Ángel, Brais Andrade, Jesús, Noel e Pandi.

Centrocampistas: Adri, Brais, Eloy, Javi, Lucas, Sergio, Toni, Hugo (Xuvenil), Borja (Xuvenil) e Rubén (Xuvenil).

Dianteiros: Diego, Samu, Xoel (Xuvenil) e Alejo.

Adestrador: Ángel Pérez.

Presidente: Quico Cruz.

Volve o Corme á primeira despois de cinco anos na Liga da Costa, da que era o líder cando a covid mandou parar. O fai cun equipo moi semellante ao que tiñan en marzo de 2020 e no que as caras novas proceden do equipo xuvenil, amosando a súa confianza na base unha vez máis. Os de Ángel confían en facer do Cairo un fortín do que se escapen moi poucos puntos e en que os Lucas e Alejo sigan marcando as diferenzas. Se o fan, haberá que ver que lles depara o transcurso desta primeira fase, pero van a ser un equipo moi difícil de batir, aínda que o seu obxectivo de partida sexa a salvación. A súa estrea, ante o Soneira, será ademais o primeiro partido retransmitido na historia de QPCtv.

 

C.F. Dumbría

C.F. Dumbría

Porteiros: Anxo e Jorge (Fisterra).

Defensas: Pablo Paz, Matías, Juan Fuentes (Malpica), Gusa, Kanario, Mataso e Álex Sendón (Xuvenís).

Centrocampistas: Rivi, Xaco, Sergio Codesal, Brais Fernández (Victoria xuvenil) e Baba (Baiñas)

Dianteiros: Xabi, Yuyo, Darío Capelo, Mario Ínsua, Brais Lado (Sen equipo) e Jose Marcote (Fisterra).

Adestrador: Pablo Conde.

Presidente: César Ferrío.

De gañar ao Lalín na última xornada antes do parón, os dumbrieses estarían disputando agora mesmo a Preferente, ou incluso a 3ª RFEF, pero a derrota en terras pontevedresas deixounos en primeira tras unha polémica decisión da Federación Galega. Agora, cun equipo moi parecido, no que cubriron baixas con reforzos de valor, os do Conco parten como un dos favoritos da primeira liguiña. Á espera de que se poidan resolver algúns compromisos laborais, a dianteira é unha das mellores da categoría, con Marcote como referencia e unha chea de talentosos xogadores por atrás para servirlle asistencias.

Mazaricos C.F.

Mazaricos C.F.

Porteiros: Iván Baña e Ángel.

Defensas: Ferreiro, Mario, Borja, Pose, Rachón (Volantes), Oscarín, Ramón e Roberto.

Centrocampistas: Joseph, Ricardo, José Ángel, Sandelo, Chumiko e Brais Pereiro.

Dianteiros: Molinos (Sp Zas), Kevin, Raúl (Lira), Chiki (Sen equipo), Yago Dosil, Chapela e Marquiños (Xallas).

Adestrador: Diego Gálvez.

Presidente: Sergio Santiago.

Proxecto bonito o que presenta o Mazaricos, apostando polo retorno de moitos talentosos xogadores da casa que levaban xa varios anos lonxe do amarelo. Marquiños, Chiki ou Rachón son algúns deses retornados que estarán as ordes de Diego Gálvez, coñecedor da categoría logo de dirixir ao Praíña santiagués. Baixo o seu mando, os da montaña intentarán mellorar a súa actuación da última tempada, onde tras comezar ben, foron caendo en xogo e na clasificación. Facer un fortín do campo de Pino do Val é un dos seus deberes pendentes, xa que deben marchar poucos puntos de alí para asegurar a salvación.

S.D. Puenteceso

S.D. Puenteceso

Porteiros: Brais Vázquez, Benji (Soneira) e Adrián (Xuvenil).

Defensas: Juanjo, Eloy Trigo (Baiñas), Moscoso, Luca, Ismail e Isaac.

Centrocampistas: Charro, Mendieta, Dani Cotelo, Puente, Recarey e Nando.

Dianteiros: Mara, Xuco, Eloy, Raul (Xuvenil), Mouhssin (Arteixo xuvenil), Esteban (Sofán xuvenil) e Petis (Buño).

Adestrador: Pablo Mallón.

Presidente: Álvaro Domínguez.

O Ponteceso foi un dos beneficiados daquela decisión da Futgal de outorgar ascensos a todo aquel que estivese en postos de acceso. Cun punto menos que o Corme, tras empatar a última xornada, subiu como segundo da Liga da Costa para volver a unha categoría que non pisaba dende hai sete anos. Agora, con algún xogador aínda presente daquela época, buscarán asentar o seu atractivo xogo de posesión cun vestiario cheo de xuventude e de caras da casa. O seu centro do campo, cos incombustibles Mendieta, Cotelo, Charro ou Recarey, será un dos seus puntos fortes para conseguir estar o máis arriba posible.

Soneira S.D.

Soneira S.D.

Porteiros: Javi Souto e Paulo (Baiñas)

Defensas: Agra, Mayor, Alemán, Ángel (Xuvenil), Brais Mouzo, Jano (Volantes), Darío, Leilán e Brais Pereira (Xuvenil).

Centrocampistas: De la Sierra, Álex Figueiras (Laracha), Diego Lois, Dani Casal (Corme) e Fran Calvo.

Dianteiros: Basti, Pichi, Dani Bea (Betanzos), Javi, Damián (Xuvenil) e Maki (Tordoia).

Adestrador: Pedro Gómez.

Presidente: Pepe Pichón

Vén de ser o Soneira  un dos equipos que máis se reforzou tras o parón, con seis fichaxes e tres incorporacións do cadro xuvenil. Novas fichas que ademais xa teñen experiencia na categoría, todos eles, e que poden marcar as diferencias. Iso, sumado a que os de Pedro Gómez se quedaron a un suspiro de ascender á Preferente (eran segundos, empatados a puntos co Pino, que finalmente ascendeu) fan que sexan considerados como outro dos grandes favoritos a estar nos postos máis altos da táboa. Haberá que esperar a ver como resolven os problemas das lesións desta preparación, pero de seguro que van a ser un dos rivais a bater.

Volantes Baño F.C.

Volantes Baño F.C.

Porteiros: Álex de Yi (Lira) e Alberte.

Defensas: Óscar (Lira), Godo, Santi, Pablo, David (Lira), Elvis, Tiko e Isma (Xuvenil).

Centrocampistas:  Carlos Mos (Unión), Miguel, Pardelo, Riki, Kajulo, Kevin (Outes), Pesco e Toni (Lira).

Dianteiros: Álex (Xuvenil), Kike (Veteranos), Manoliño (Noia), Mateo e Iago (Xuvenil).

Adestrador: Iván González.

Presidente: Juan Alberto Fernández.

A covid cortoulle a tempada ao Volantes no seu mellor momento da súa primeira tempada na categoría, cando estaba a afastarse do fondo da táboa en busca da salvación. Agora, case dous anos despois, o plantel é practicamente novo, con dez incorporacións, tras a saída de moitos pesos importantes. Continúa Pesco, que de seguro volve a marcar as diferenzas nunha Primeira que semellaba quedarlle pequena eses últimos meses de competición, pero sumaron varios xogadores sen demasiada experiencia. Aí estará o reto para Iván González, que comezou o estado de alarma como xogador e o rematou como míster deste Volantes que aspira a facerse moi forte no Eleuterio Balayo para non pasar apuros de máis.

Comentarios