Iván Rojo estréase nos banquiños facéndose cargo do San Lorenzo
22:33 03/12/24
Hai apenas ano e medio era escollido entre os 3 mellores Dianteiros do Fútbol da Costa na Gala de QPC. E mentres segue facendo desfalcos no capo na Liga de Veteranos co At. Carballo (no seu segundo ano en liza ten ao equipo líder invicto na D.H. tralo ascenso pola vía rápida do ano pasado), asume a súa primeira experiencia como adestrador. Iván Rojo toma o timón do San Lorenzo.
Tras dous meses con Cantudo á fronte, o equipo de Verdillo mantense como pechacancelas da 1ª FUTGAL tras 13 xornadas desputadas. Rojo estrearase este domingo ante o Praíña, nun duelo directo para non deixar escapar outro rival da mesma liga.
Estará acompañado por Alejandro Rodríguez “Canteiro”, ex xogador da casa, que xa estivo de segundo de Casal nas Pedreiras.