Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O Atlético Carballo completa co título da 1ª Div. a súa impecable irrupción na Liga da Costa de Veteranos

  • O San Ramón, a un paso do título da División da Honra

 

Plantel do Atletico Carballo de Veteranos
Plantel do Atletico Carballo de Veteranos
O Atlético Carballo completa co título da 1ª Div. a súa impecable irrupción na Liga da Costa de Veteranos

Estreábase esta campaña e a súa irrupción no fútbol federado e está sendo unha auténtica revolución. O Atlético Carballo alzábase este domingo coa Copa de Campión da 1ª División de Veteranos (o ascenso á División de Honra xa o asegurara hai semanas). Con 2 xornadas de marxe, superaba este domingo ao Cances, o 2º clasificado, cun claro 5-2.

Iván Rojo, escollido aínda o curso pasado como un dos 3 Mellores Dianteiros do Fútbol da Costa modesto na Gala QPC, ademais de acadar o Pichichi da Liga da Costa, está sendo unha das gandes figuras desta liga. O carballés asinaba 4 goles esta pasada semana na vitoria que lle deu o título ao equipo e suma 42 goles, compartindo o alto da clasificación do máximo goleador con Miguel Torres, dianteiro do propio Cances que tamén asinaba dous goles o pasado domingo.

Ao lado de Rojo, o equipo carballés presenta numerosos xogadores que recentemente deixaron o fútbol modesto como o porteiro Julián (que ás veces xoga de dianteiro), ou os xogadores de campo Iván Rey, Alex Figueiras, Luisito, Sito ou Cantudo (ex do Sofçan en Pref. e 1º), Oscar Bolón (ex do Ponteceso), Rubén e Adrián (ex do San Lorenzo)… que maridan á perfección con áis veteranos como o Maracas, xogador do Club do Mar de Caión dos anos 80.

Moitos deles formaron parte da canteira do Bergantiños, e reuníronse este ano para xogar xuntos.

O título da D.H.

Perdía o ACD San Ramón a ocasión de case erguer o título da División de Honra esta fin de semana caendo no derbi no Municipal da Laracha ante o ACD San Román. Non era suficiente o gol de Borja Gutierrez no desconto para remontar os tantos de Juan Carlos ou Mario Casal que adiantaban aos visitantes no treito final do partido.

O San Ramón, que previsiblemente tomará o relevo do San Lorenzo como campión dos Veteranos, conta con xogadores destacados como os imáns Juni e Mario, que aínda o ano pasado fixo un temporadón no Coristanco da Liga da Costa. De feito, Mario é o pichichi da D.H. con 29 goles, moi por diante dos seus perseguidores, Bello (San Ramón), e os irmáns Pichín e Rubio do Sporting Zas), que suman 16 cada un.

Ao carón dos Juni e Mario, o equipo líder dos veteranos da Costa contan con xente de 30epoucos como Leilán, ou veteranos Rizos (ex Bergantiños, San Loreno, Paisaco…) e Marcos (ex central do San Lorenzo).

Máis novas dos Veteranos

Comentarios