Luns. 29.04.2024
El tiempo

Jose Lema, novo presi da SD Laxe: ”Os nenos teñen que quedar a xogar na casa”

Nova directiva da SD Laxe 2023-2024
Nova directiva da SD Laxe 2023-2024
Jose Lema, novo presi da SD Laxe: ”Os nenos teñen que quedar a xogar na casa”

Outro exemplo do proceso de cambio de rumbo das directivas do Fútbol da Costa dase no SD Laxe. As familias, como pasa no Ponteceso, toman o mando do club. “Por ilusión e gañas non será”, sinala José Lema, o novo presidente.

Lema estará escoltado por un vicepresidente de luxo como Paco Charlín, teniente de alcalde e Concelleiro de Deportes (“somos compañeiros de partido e eu xa lle axudei antes e agora el me ten que axudar a min”, sinala Lema; Dani como tesoureiro, ademais dos Tamara, Feluso, Alfredo Susi… Un equipazo formado por 13-14 persoas nas tamén se atopa o ata agora delegado do primeiro equipo Juan, “un maquina, un pilar dos bos”, defíneo Lema.

Xa traballan arreo, e en apenas un par de semanas xa duplicaron os patrocinadores. Son 50 as casas colaboradoras que engalarán o campo coas súas publicidades e permitirán que as condicións do club sexan mellores. Traballan tamén para ampliar os 200 socios actuais, mentres preparan o aspecto deportivo.

Por agora, mentres traballan na confección dun primeiro equipo, buscando adestrador e intentando que volvan xogadores que están por aí, xa teñen lanzado a intención de sacar equipos en todas as categorías (ata en Veteranos, por petición popular). “É unha vergonza que os nen@s teñan que andar ir xogando por aí adiante. E teño orgullo de que o meu fillo, Izan, que ten 7 anos, poida xogar na casa”, sinala. “Temos que ter orgullo e quedar no noso pobo”.

Teñen moitas esperanzas nun equipo Infantil que é “un auténtico equipazo”, e espera xuntar chicas para o Sénior feminino, malia que por agora teñen moitas benxamíns.

Chamamento

Novas sobre as directivas

Comentarios