Liga da Costa: Os David puideron cos Goliat
- O San Lorenzo sobe ao liderato tralo tropezo do líder co pechacancelas.
Titulábamos a semana pasada a xornada como ”Igualdade Máxima”. Pero é que nesta xornada enfrontábanse o líder, o Malpica, na casa, ante o pechacancelas, e foi o Soneira o que acabou gañando por 0-4. Que maior demostración de igualdade pode haber?
Entre carballeses e malpicáns, segue o Baio a tope, con 11 partidos sen perder, a 1 punto, tras vencer na Agra da Filgueira nun choque no que o Monte Louro mereceu moito máis. A clasificación está apretadísima, e a só 3 do liderato fican o Xallas, que perdeu 3-0 nas Redondas, ante un Cabana xa totalmente recuperado dun comezo de liga fatal; e o Outes, que vencía na casa ao filial do Sofán.
Por abaixo, a vitoria do Soneira apreta de novo as cousas, con 9 equipos nunha marxe de dous partidos.
Cabana - Xallas (3-0)
- Cabana: Manu Nantón, Aarón, Alex Costa, Noé, Ferreiro, Nando, Simón, Miguel, Bris, Diego Catstro, e Xabi Parga. Tamén: Diego, Noé, Julián, Blas e Pablo Pose.
- Xallas: Iván Couto, Elvis, Adrián Couto, Macareno, Peke, Dani Barbeira, Facal, García, Doro, Rubén Blanco, Sergio Barbeira. Tamén: Martín, Rubén Sande, Julián, Pablo Landeira e Jairo.
- Goles: 1-0, m.44: Simón; 2-0, m.53: Brais; 3-0, m.88: Aarón a pase de Simón nunha xogada por banda.
O partido máis serio do curso dos de Óscar Mingui, correctísimos con balón e sen balón, ante un Xallas ao que lle faltou a pegada e a intensidade doutras xornadas e iso que puido ter alcanzado o liderato. Era unha primeira metade moi pechada, sen xogo nin ocasións, pero si un par do Xallas a balón unha de Sergio e outra de Doro. No bando local, Migueliño mandou ao pau un centro de Simón, que xusto antes do descanso abriu o marcador nunha contra.
Na segunda, o Xallas estirouse, con Iván Couto mandando balóns directos, pero os locais estaban moi intensos e seguros atrás, e a base de contras sentenciou, sobre todo un golazo de Brais dende fóra.
Corcubión - Muros (0-4)
- Corcubión: Bruno, Isaac, Andrés, Juan Casteje, Martín, Alex, Luís Lojo, Rama, Jon, Iago Lema, César Lojo. Tamén: Jose, Íker, Samu, David Lojo e Brais Lado.
- Muros: Aitor, Pelos, Ra, Benji, Jesús, Manu Tajes, Alon, Quin, Fran, Juan oBello e Dani Jurjo. Tamén: David Lestón, Marco, Ángel e Óscar.
- Goles: 1-0, m.34: Iago Lema; 1-1, m.38: Dani Jurjo; 1-2, m.70: Dani Jurjo.
Partido traballo no Cubaleiro, sen moitas ocasións, que comezaba co Corcubión dominando o balón, pero sen profundidade ante un serio Muros. Só Iago conseguía abrir a lata cun bo gol. Pero de contado, Dani Jurjo aproveitaba un regalo da defensa local para acadar o empate.
Mesmo guión na segunda, cun Corcubión intentando xogar, pero sen conseguir facer dano máis que a balón parado. Nunha contra Dani Jurjo fixo o segundo e aí partir de aí o cadro de Joaquín Quintáns soubo manexar os tempos.
Malpica - Soneira (0-4)
- Malpica: Abdou, Saúl, Anxo, Pablo, Damián, Gardi, Camilo, Brais Calvo, Luís, Cristian e Saydou. Tamén: Aday Mato, Joel, Cristisn, Alberto Hombre e Raúl Reigía.
- Soneira: Pity, Maikol, Adrián Canosa, Héctor, Brais Pereira, Oreiro, Cachi, Pichi, Richi Vía e David LP. Tamén: Dono, Gusa, Mario Leis, Sergio e Jesús.
- Goles: 0-1, m.53: David LP; 0-2, m.83: Vía de penalti cometido sobre Sergio; 0-3, m.86: Mario Leis; 0-4, m.88: Pichi.
Así é a Liga da Costa. O pechacancelas visitaba ao líder, chegando tras 4 derrotas consecutivas, e vence cunha goleada. Os de Josiño dominaron o partido, cun bloque medio moi serio, reducindo riscos e priorizando manter a portería a cero, ante un Malpica ao que non lle saía nada.
Tras unha primeira metade igualada e sen ocasións máis un par de mans a mans de Richi e Pichi, comezaba a segunda, e pronto unha boa acción combinada pola banda rematou cun centro de Brais que David LP aproveitou no segundo pau para o 0-1.
Intentaba o cadro de David Baña entrar pero salvo algún tiro lonxano non era quen de traspasar liñas. Pedían aí, co 0-1 os locais, dúas penas máximas (unha clara por pisotón a Saydou, e outra por posible man) que o colexiado non viu. O cadro local comezou a envorcarse, e o choque comezou abrirse permitindo que o Soneira tivese varias contras claras para mater o partido nos últimos 10 minutos.
”Máis alá do resultado, o máis importante foi a recuperación do equipo, tanto a nivel mental como táctico. Melloramos nas transicións, reducimos erros tras perda e volvemos sentirnos sólidos”, apura un esperanzado Josiño, mentres que pola banda malpicá aseguran que seguirán dando batalla na zona alta.
Monte Louro - Baio (0-1)
- Monte Louro: Pedro, Óscar Fari, Miguel Verán, Rodri, David Pais, Abel, Adrián, Xián, Íker, Javi e Josiño. Tamén: Manu de Yi, Manolo Chouza, Rapante, Martín, Flavio.
- Baio: Rodri, Pazos, Hugo, Migui, Mamadou, Norberto, Gabín, Manu Vila, Alex Muíño, Carreira e Cheti. Tamén: Julián, Javi, Bruno, Pablo Rod., e Fernando.
- Gol: 0-1, m.96: Pazos.
Se a semana pasada perdían dous puntos do desconto, o Baio rescatou dous puntos con moita sorte no desconto. Derrota inxusta dun gran Louro, que viu como se lle escapaba un punto no desconto.
Foi unha primeira metade mala, cos dous equipos moi dubitativos, sen demasiadas ocasións. Unha de Alex con Pazos para os baieses, ou un man a man de Manu de Yi.
Na segunda, dominaba algo máis o Baio, pedindo un penalti que non viu o colexiado, pero tamén permitindo un par de ocasións, como dous tiros de Íker aos que responde Rodri, e un tiro ao poste de Flavio.
Pero no descontísimo, unha xogada por banda, tras varios rexeites, permitía a Pazos abrir o marcador. Aínda mandou un balón ao poste o Louro antes do pitido final.
Manda ánimos a parroquia de Louro, e tamén a de Baio, a Josiño, que sufriu unha posible lesión grave no xeonllo. Tamén mandan agarimo ao porteiro baiés Rodri, levou un forte golpe na cabeza e despois perdeu momentaneamente a memoria, e acabou pasando a noite no Hospital, pero parece que a cousa evoluciona positivamente.
Zas - Corme (1-1)
- Zas: Pereiras, Anxo, Moha, Joel, Fran, Juan Touriñán, Redondo, Mauro, Ronny, Estefan e Salah. Tamén: Guille, Iván Forján, Iago e Adrián.
- Corme: Quique, Hugo Paredes, Eloy Villar, Álvaro, Joshua, Brais Pailos, Borja Torrado, Lucas, Samu Costa, Teo e Isra. Tamén: Adrián Suárez, Iván, Xoel Castro, Xoel Amado e Senén.
- Goles: 0-1, m.85: Lucas; 1-1, m.87: Estefan.
Chegaban Zas e Corme ao encontro con baixas importantes en ambos bandos, nun partido marcado pola necesidade de sumar tres puntos dada a enorme igualdade na clasificación. O encontro arrincou cun intento por parte dos dous equipos de levar o peso co balón, sobre todo nos primeiros minutos. A primeira metade moveuse nese guión: moita disputa, bastantes intencións e moi pouco perigo real nas áreas.
Na segunda metade, o Zas deu un paso adiante ante un Corme ao que lle faltaba intensidade. O equipo empurrou, acumulou chegadas e a figura do porteiro do Corme, Adrián Suárez que entrara no descanso, converteuse nun protagonista absoluto. Salvou ocasións claras de Redondo, Juan, Anxo e Salah, incluído un balón ao pau que puido abrir o marcador.
Cando parecía que o partido se encamiñaba cara o empate sen goles, chegou o golpe visitante. Unha mala saída do Zas permitiu ao Corme montar unha contra rápida: Pereiras detivo o primeiro remate, pero o rexeite caeu morto e desta vez o gardameta non puido reaccionar, poñendo Lucas o 0-1 no marcador.
Lonxe de derrubarse, o Zas botouse arriba e atopou o premio no tramo final: nun balón parado peiteado ao segundo pau, Estefan apareceu para empurrala á rede e establecer o 1-1 definitivo.
Porteño - San Lorenzo (0-1)
- Porteño: Mariolo, Rodri, Brais Mouzo, Iván, Álvaro, Baba, Darío, Sandelo, Alfredo, Carrabete e Bruno. Tamén: Joel, Pejo, Yuyo, Gabri e Sandro.
- San Lorenzo: Javi Souto, Dani Cotelo, Alberto, Pablo Garrido, Huago Rey, Pape, Alex Vázquez, Hugo Pereiro, Diego Varela, Iago López e Javi Pérez. Tamén: Mario, Lozano, Hugo Pensado, Alex Iglesias e Marcos Corral.
- Gol: 0-1, m.75: Diego Varela.
Partidazo o vivido na Grixa, cun ambiente, coma sempre, e moita entrega sobre o céspede natural. O encontro de xogo moi directo, pechado e con poucas ocasións durante a primeira metade. Ambos equipos apostaron por un xogo directo e de segundas xogadas, pero sen chegadas claras. Era o cadro de Mayor o que dominaba algo máis, entrando algo mellor por banda, pero sen claridade nos últimos metros, máis que un saque de banda peiteado por Darío e un man a man de Bruno aos que responde moi ben Javi Souto.
Seguía dominando o cadro local pero pouco a pouco o SanLo íase estirando e deu un paso adiante e empezou a xerar máis perigo. O premio chegou no minuto 75, cando tras unha gran xogada de Corral, Diego enviou o balón á rede para facer o único gol do partido.
Nos minutos finais, o Porteño envorcouse en ataque buscando o empate, pero o San Lorenzo mostrou oficio, soubo sufrir o xusto e mantivo a vantaxe ata o final. Apareceu aí de novo Javi Souto, cunha man para parar unha falta de Sandelo, un remate de Pejo que sae por pouco, ou unha de Yuyo ue vai arriba.
Ponteceso - Mazaricos (5-2)
- Ponteceso: Darío, Adrián Ures, José Ramón, Pedro, Luca, Dani Rod., David Lema, Rama, Iván Rod., Mendieta e Eloy Álvarez. Tamén: Damián, Mouhssin, Juan Rey, Neira e Óscar.
- Mazaricos: París, Luís Mayá, Samu, Borja, Chumiko, Marquiños, Álvaro, Raúl, Sergio, Kevin e Molinos. Tamén: Steven, Samu Lema, Yeray e Alex Calvo.
- Goles: 1-0, m.7: Dani Rod.; 2-0, m.16: Eloy Álvarez; 2-1, m.23: Marquiños; 2-2, m.47: Álvaro; 3-2, m.56: David Lema; 4-2, m.83: David Lema de penalti; 5-2, m.89: Iván Rod.
Aluaba o Mazaricos no Pinguel co desexo de perpetuar a boa racha a costa dun Ponteceso mermado por baixas sensibles. Ante a disxuntiva, Jorge Guillamet confiou nos seus xuvenís, aliñando a tres no once inicial e sendo fundamentais a posteriori no desenlace do partido. No bando contrario, o cadro de Periscal volveu caer nos erros de sempre, con dificultades para xestionar os tempos.
Comezou o partido e o Ponteceso rapidamente tomou a batuta aproveitándose da velocidade dos seus xuvenís e a lentitude dunha defensa do Mazaricos que non era quen de conectarse o partido. No minuto 6, un bo pase ás costas de Iván logrou conectar co correcamiños José Ramón quen deu o pase atrás para que Daniel Rodríguez empuxase o balón a rede, sendo así un gol facturado pola canteira. O segundo ocorreu dez minutos despois, cando un bo pase filtrado para Eloy Alvárez dentro do área foi remachado polo pichichi pontecesano. Parecía un partido morno para o Ponteceso, pero comezaban a chegar as imprecisións xunto cunha baixada das revolucións que eran aproveitadas polo Mazaricos para saír a contra e comezar a tentar a portería pondaliana, aínda que sen demasiado perigo. Nun mal pase ao central, o rebote lle quedaría nun man a man a Marquiños, quen poría o 2 -1 no electrónico e ameazaría o dominio do Ponteceso, chegando así ao descanso.
Voltaban da caseta os equipos con todo por disputarse, empatando o Mazaricos por medio de Álvaro Espasandín despois dun rexeite desafortunado da defensa que deixa o balón morto no área pequena para que o dianteiro visitante o remachase. Volta a empezar para ambas escuadras, tendo a primacía do encontro o Ponteceso de novo cun poderoso Iván Rodriguez que xera as principais ocasións de perigo. Porén, sería o xuvenil David Lema quen nunha saída precipitada do porteiro faría unha fermosa vaselina que poría por diante novamente aos rumorosos.
Co 3-2 o equipo de Raúl Periscal non se botou atrás nun partido que ameazaba con romperse en detrimento dos locais. Os cambios de Guillamet fixeron voltar ao terreo de xogo a Mouhssin e a Moscoso, que lle aportaron solidez ao equipo que lograrían ampliar a vantaxe cun penalti transformado friamente por David Lema. O Mazaricos, con máis corazón que cabeza, buscaba recortar distancias deixando as costas desguarnecidas, que xeraron o quinto gol nun balón largo ao incombustible Mendieta que despois de noventa minutos lle gaña a carreira ao central e pon o balón atrás para que Iván complete o seu gran partido marcando a porta baleira.
En consecuencia, o Mazaricos descende posicións nunha xornada marcada polas vitorias dos David contra Goliat, demostrando que nesta competición non se pode un relaxar. Pola outra banda, o Ponteceso buscará situarse “na pomada” no próximo partido contra o Baio.
Outes - Sofán B (2-1)
- Outes: Dani Rod., Claudino, Stefan, Hugo Caamaño, Adrián, Eloy Lado, Kevin, Alberto Bahamonde, Martín Caamaño, Manel Carou e Keko. Tamén: Paullo, Adrián Rey, Marcos Orodea, Rubén e Sanchiño.
- Sofán B: Eloy, Samu, Diego, Iván, Eloy Cabeza, Mateo, David, Borja Viaño, Cristian, Dani Calvete e Isma Ramos. Tamén: Marcial, Adrián Vázquez, Dani Rod., Darío e Rubén.
- Goles: 1-0, m.27: Keko; 2-0, m.35 Keko; 2-1, m.45+2: Dani Calvete.
Partido moi igualado, con dous equipos que buscaron sempre a portería contraria, moi vistoso, con transicións rápidas, nas que o Outes estivo máis atinado cara gol, onde se non parece Manel Carou, aparece Keko, que acertou en dúas dianas.
Antes do descanso, Dani Calvete recurtaba e metía ao filial de novo no choque.
Buscou na segunda o cadro de Zalo, meter no seu campo aos de Geno. Sen poder xerar demasiadas ocasións, si que tivo dúas importantes: unha de Borja e unha doble tras un córner na que Dani Rod. fai un paradón a “bocajarro” para salvar os puntos que deixan aos da Serra ben metidos na pomada.
Todas as crónicas da 2ª FUTGAL
- X.9: Igualdade máxima.
- X.8: O Baio vence ao Xallas e o Malpica toma o mando no Cairo.
- X.7: O Mazaricos frea ao Xallas.
- X.6: O Xallas fica líder en solitario.
- X.5: Malpica e Xallas quedan ao mando.
- X.4: Xa non queda ninguén contando partidos por vitorias.
- X.3: Outes e Malpica manteñen o pulso
- X.2: Malpica, Outes e Muros sorprenden con 2 de 2 ante rivais potentes.
- X.1: Empates que destilan a igualdade desta Liga da Costa.
Máis información
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.