Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Liga da Costa decidiuse nun fermoso carrusel

  • Disputouse a ida das eliminatorias polo título Xuvenil e Infantil
Sporting Zas-Cabana
Sporting Zas-Cabana
A Liga da Costa decidiuse nun fermoso carrusel

Fermoso carrusel o vivido esta tarde dominical en www.futboldacosta.com co peche da Liga da Costa. A última xornada servía para determinar 3 dos 6 equipos que van á fase de ascenso, e ademais para certificar o campión do grupo Norte.

Foi o Cabana, vencendo con rotundidade en Zas, o que certificou o título da primeira fase, emulando á Esteirana. O Castriz, vendo o resultado de San Andrés só empatou en Malpica, mentres que o Coristanco necesitaba a vitoria para superar a unn San Lorenzo ao que lle tocaba descansar. Non fallou o cadro coristanqués e o que queda fóra do trío é o equipo de Verdillo.

Polo Sur, dous focos de atención. Muros e Camariñas, inmersos nunha serie terrible de resultados, xogábanse a pase. E volveu parece que ningún quería ir. O Muros non pasou do empate ante o Camariñas, pero como o Camariñas perdeu en casa co Outes, os celestes pasan de ronda.
Ademais, o Muxía endosoulle a primeira derrota á poderosa Esteirana avisando para a fase.

 

Fases Xuvenís e Infantís

Infantil
- Unión Club Cee - Xallas F.C. . (0-3)
- EFM Vimianzo - Outes (1-3)

Comentarios