#LigadaCostaFEM: O Juan Cabrejo non perdoa
6 de 6 leva o EF Juan Cabrejo de Camariñas tras vencer, no seu peor partido do curso, ao Ponteceso. As camariñás sacan 4 puntos ao Outes, que non fallou ante o Cerqueda, e 5 ao Cabana, que venceu a un Corcubión que comezou moi forte pero que perdeu o punch.
Fermoso foi o duelo soneirán, cun empate que demostra a melloría de Soneira e Zas neste o seu segundo curso en liza.
3ª Div. Fem. Gr. 3, xornada 6
Cabana - Corcubión (2-0)
- Cabana: Miriam, Idania (Nuria), Mireia, Aroa, Sabela (Valeria), Inma, Alejandra, Laura (Marta), Silvia, Adriana, Nerea (Natalie).
- Corcubión: Xiana, Carla, Antía, Sandra García, Andrea Rod., Lucía Garea, Alexandra Lojo, Ana Serra, Sandra López, Andrea Romero e Juliette. Tamén: Jimena, María Díaz, Tati, Lara e Serena.
- Goles: 1-0, m.37: Nerea; 2-0, m.76: Inma de cabeza nun córner.
Arrincaba ben o choque o Corcubión, a pesar das baixas, rondando a porta de Miriam, que tivo que salvar, coa axuda do longueiro, unha fermosa falta de Andrea Romero, e un par de mans a mans demostrando por que leva sendo dous anos a Mellor Porteira da Costa.
Foi reaccionando o Cabana, pasando ao dominar o partido trala lesión da visitante Antía, e contra o final do primeiro tempo, despois de varias paradas de Xiana, e un remate á cruceta de Inma, era Nerea a que abría o marcador de tiro cruzado dende fora da área.
Dúas lesionadas máis minaban o potencial das de Rubén Castillo, e as de Jose Manuel aproveitaron para ampliar a renda e sentenciar o choque.
Soneira - Zas (1-1)
- Zas: Alvite, Sara, Lorena, Laura, Nuria, Andrea, Lara, Antía, Nerea, Lucía e Ruth. Tamén: Isa, Atenea, Valeria.
- Soneira: Keren, Dolores, Cristal, Kelly, Luana, Sara, Candela, Ana Mouzo, Leila, Tamara, Keny, Tamén: Paula, Daniela, Adriana, Sara Agra e Cris.
- Goles: 0-1, m.44: Nerea de penalti; 1-1, m.91: Sara Agra.
Fermoso derbi no novo Irmandiño, que drenou moi ben as tormentas da fin de semana. O Zas planteou un partido serio defensivamente ante a calidade técnica do Soneira sobre todo na zona de medio campo. Nos primeiros minutos as locais, que saían combinando dende atrás con criterio, tiveron algunha ocasión clara pero que saian desviadas por pouco. As de Anxo buscaban encontrar a Nuria ás costas da defensa creando nervios aínda que sen claro perigo. Pero casi chegando ao final habría un penalti por man da defensa do Soneira, que Nerea transformaba para o 0-1 ao descanso.
A segunda parte foi desde o principio das de Roland e Oli, xerando moito fútbol e creando ocasións dende o comezo, pero que se encontraban con Alvite moi segura baixo paus. No minuto 70 expulsarían a Ruth do Zas, o que provocou que o Zas se pecharse aínda máis, ante un Soneira totalmente envorcado buscando un empate que chegaría no m.90, obra de Sara Agra. Un punto que sabe máis por Zas que por Vimianzo.
Outes - Cerqueda (3-1)
- Outes: Lía, Fátima, Antía, Candela, Buján, Natalia, Carmen, Carla, Alicia, Gema Roo e Laura Lires. Tamén: Claudia, Erika, Miriam, Marta Gerpe e Gracia.
- Cerqueda: Inés, Mariña, Uxía, Sara, Alba, Saray, Antía, Raquel, Tati, Lorena e Tania. Tamén: Carla Busto, Érika e Aroa.
- Goles: 0-1, m.20: Saray; 1-1, m.44: Candela; 2-1, m.57: Laura Lires; 3-1, m.80: Carla Insua.
Partido igualado no Cunchido, que comezaba coas locais algo nerviosas, cun xogo moi directo polos dous bandos e sen demasiado perigo. Aos 20 minutos, unha xogada con varios rexeites permitía ás de Miguel Ángel adiantarse no marcador. Ese gol esperou ás locais, que comezaron a mandar, e a ter ocasións claras, con Gema controlando o medio e surtindo a Laura, aumentando a presión sobre a área do Cerqueda. Casi no descanso estrelaba no pau Laura un tiro cruzado, e na seguinte xogada, Carla asiste a Candeliña para batir a porteria rival cun bo remate abaixo.
Doeu ese tanto nas cerquedás, que así e todo saíron ben concentradas na segunda, ante un cadro de Dani Salgueiro que seguía dominando, con Carla e Carmen atacando polas bandas sin descanso. Inés e a súa defensa repelían os ataques ata que Laura selaba o seu goliño de cada día. Non perderon a cara ao partido as visitantes, que se mantiveron firmes e aínda tiveron algún achegamento, pero deixaban algún espazo atrás que provocou a expulsión de Mariña, e que aproveitou Carla para finiquitar o choque a 10 do final, e corroborar o seu partidazo.
Ponteceso - E. Juan Cabrejo (1-2)
- Ponteceso: Candela, Sabela, Eva Carril, Virgi, Laura Rod., Lorena, Lucía Vila, Iria Baneira, Lucía Pea, Clara Amado e Oanes.
- Camarilas: Desiré, Lola (Paula), Rocío, Brenda, Saray, María, Laura Pose, Aitana, Laura Paredes, Yara e Alba (Ana Lelucha).
- Goles: 0-1, m.51: Laura Paredes; 1-1, m.67: Eva Carril de penalti; 1-2, m.89: Yara de penalti.
Non foi o mellor partido das camariñás, que chegaban por mor das baixas (Laura Garrote, Leti, Natty, Rosana, Uxía, Maira, Lara, Daniela) ao Pinguel con só 13 xogadoras e varias tocadas. As pondalianas formularon un partido de intensidade, defendendo moi xuntas e impedindo que as líderes fixesen dano dano en toda a primeira metade. De feito, as porteiras na primeira parte tocaron moi pouco balón.
Abriuse o partido algo máis nada máis comezar a segunda co gol de Laura Paredes aproveitando unha pequena concesión da defensa local. E reaccionaron aí as de Álex Chouciño achegándose algo máis arriba e tendo unha ocasión de Virginia na frontal que non quixo disparar de primeiras e despois non resolviu. Eran bos momentos das locais e tras un saque de esquina, unhas mans eran sinaladas como penalti, aproveitándoo Eva para facer o empate.
Quedaban aínda máis de 20 minutos, e mentres lle aguantaron os folgos, as locais aínda tiveron algunha ocasión de Lorena, pero foron baixando fisicamente e a entrada das Ana Lelucha e Paula Mouzo, que viñan algo tocadas, foi clave. Foi a capi das camariñás, a que fozou un penalti no último minuto, para que Yara non perdoe e dea a vitoria ás de Cabrejo e Pepucho.
A Baña - As Miúdas (2-5)
- As Miúdas: Zaira, Atenea, Carlosta, Iria, Ana Romero, Adriana Piñeiro, Alba, María García, Sabela, María Gonzñalez e Sofía. Tamén: Amina, Salomé, Nicole.
- Goles: 0-1, m.18: María González; 1-1, m.30: Raquel; 1-2, m.43: en propia; 1-3, m.58: Alba; 2-3, m.62: Alba; 3-3, m.65: Raquel; 3-4, m.80: María González; 3-5, m.88 Salomé.
Partido moi complicado e moi igualado entre unhas xogadoras de Leticia Fernández moi melloradas que prantaron cara ata o final ao cadro muradán. A cada golpe das Miúdas, respondían as da Baña, e is que quedaron con 10 no m.15 pola expulsión de Rita. Dous goles de María González e Salomé nos últimos 10 minutos, conseguiron que os puntos volvesen para Muros.
Dubra - Xallas B (1-0)
- Xallas B: Valeria Gasco, Cali, Valeria Caamaño, Paula Maneiro, Laura García, Marta Lago, Saray, Carmen Pena, Noe, Mar e Michelle. Tamén: Alba, Naiara, Noa Andrade, Carmen Pombo e Noa Labandeira.
- Gol: 1-0, m.35: Xeila.
Igualadísimo partido na Tilleira, que puido caer para calquera equipo, pero se cadra un empate tivera sido o máis xusto. As de Noe Vimi chegaban con moitas baixas, pero o resto do plantel con traballo suplio con excelencia a ausencia delas. O único gol do partido chegaria a 10 do descanso tras un balón morto na área que ninguén deu despejado e tras varios rebotes. Na segunda, as xalleiras tiveron varias ocasións claras para poder empatar o partido, incluso un gol anulado a Valeria por fóra de xogo, pero o gran traballo non obtivo premio.
Crónicas da #LigadaCostaFEM
- X.5: O Camariñas non cede nin co Cabana.
- X.4: 4 equipos seguen invictos.
- X.3: Xornada a medias moi igualada.
- X.2: Corcubión e Camariñas, un paso por diante.
- X.1: Comezou a rodar o balón.
Crónicas da 1ª e 2ª Div.
- X.9: O Tordoia frea ao Muxía nunha semana con vitorias para Cee, Corme e Esteirana.
- X.8: Muxía e Dumbría demostran o potencia do Fútbol da Costa.
- X.7: Cee, Dumbría e Corme pegan un salto.
- X.5: No pelotón.
- X.4: Muxía e Tordoia presentan candidaturas<7a>.
- X.3: O Muxía mete medo.
- X.2: O Corme superou ao Dumbría nun partido máis igualado do que sinala o marcador.
- X.1: 1ª e 2ª FUTFEM: O Muxía presenta credenciais.