#LigadaCostaFEM: O Soneira frea ao Juan Cabrejo
Despois de 6 vitorias seguidas, foi o Soneira o que freou a serie do poderoso EF Juan Cabrejo Camariñas. As Roland puideron coas camariñáns e se colocan a só 3 puntos, quedando como o único equipo invicto do fútbol costeiro sénior, xunto co Coristanco na 3ª. Polo medio, o Cabana, que venceu en Dubra. Perdeu unha boa ocasión de meterse na pomada o Outes, pero é que o Zas demostrou que hai moitos equipos igualados.
3ª Div. Fem. Gr. 3, xornada 7
EF Juan Cabrejo - Soneira (2-3)
- EF Juan Cabrejo: Desiré, Lara, Brenda (Alba) (Lola), Rocío, Saray, María, Laura Pose, Yara, Aitana, Laura Paredes e Paula.
- Soneira: Karen, Dolo, Laura Calvo, Candela, Luana, Ana Mouzo, Agra, Leila, Kelly, Tamara e Kenny. Tamén: Paula, Cristal, Saniela, Uxía e Cris.
- Goles: 0-1, m.34: Agra; 1-1, m.52: Yara de penalti; 2-1, m.60: Paula Mouzo; 2-2, m.68: Kenny; 2-3, m.84: Uxía.
Gran parfido no Vicente Carril, cunha primeira metade moi disputada, con moito vento (a favor das visitantes na primeira) e un campo bastante encharcado. Había ocasións nas dúas áreas, cun cadro de Roland algo máis enchufado, tendo balón e roubando rápido. Así, tivo dúas que salvaba Desiré, moi meritoria unha a un tiro de Kelly de falta que ía á escuadra. A 10 final, o Soneira se adiantaba por medio de Sara Agra, cun tiro dende fóra da área que se lle escapa a Desiré. Antes do descanso puido empatar o cadro de Cabrejo e Pepucho cunha ocasión de Paula que fallaría incomprensiblemente..
Subía liñas o líder, e pronto provocaban un penalti protestado polas visitantes. Karen páralle o penalti a Yara, pero no rexeite, novo penalti, e desta volta Yara non falla. Coa inercia o cadro camariñán conseguía o máis difícil, darlle a volta ao marcador, por medio de Paula tras asistencia de Yara. Antes, as visitantes protestaron un gol anulado por fóra de xogo.
Non baixaron os brazos as irmandiñas, e cando mellor estaban as locais, Kenny empataría o partido de córner directo coa axuda dunha defensa. O partido podía caer de calquera lado, pero xa contra o final, Kelly mandaba unha falta directa ao longueiro, e o rexeite o cazaba Uxía para facer o definitivo 2-3 que deixa a Liga tremendamente aberta.
Zas - Outes (3-1)
- Zas: Alvite, Sara, Lorena, Valeria, Nuria, Andrea, Lara, Antia, Nerea, Lucia e Atenea. Tamén: Carlota, Tania, Alba.
- Outes: Lía, Fátima, Natalia, Buján, Antía, Carmen, Carla Insua, Alicia, Candela, Gema Roo e Laura Lires. Tamén: Leire, Miriam, Marta Gerpe, Gracia e Cris.
- Goles: 0-1, m.18: Laura; 1-1, m.55: Lucía; 2-1, m.86: Nuria; 3-1, m.92: Nuria nun córner lanzado por Nerea.
Unha parte para cada equipo, cun Zas que comezou deixando o balón ao Outes, e ben armado atrás, pero saíndo con perigo. Non rodaba ben o balón no céspede de San Andrés e o Outes de Dani Salgueiro non conseguía ter profuncidade co balón. Nuria, á contra, avisaba para as de Anxo Garrido, antes de que Laura abrise o marcador para as da Serra, despois de avisar un par de veces.
Na segunda saíu o Zas moito máis ofensivo, cunha presión alta que lles permitía recuperar balón rápido e crear perigo constante. Así nunha combinación de Nerea e Lucía deixaba a esta soa ante a portería para facer o empate.
Puido caer o partido para os dous lados, pero un roubo de Tania no medio campo, combinaba con Carlota que lanaba a Nuria ao espazo para plantarse soa e facer o 2-1. No último minuto Nuria volvía a marcar para o 3-1 definitivo a saída dun córner botado por Nerea ao segundo pau.
Xallas B - As Miúdas (0-5)
- Xallas B: Cali, Alba, Valeria Caamaño, Paula Maneiro, Judit, Laura García, Saray, Carmen, Mar, Soraya e Michelle. Tamén: Naiara, Marta, Noa Andrade, Carmen e Noa Labandeira.
- As Miúdas: Zaira, Atenea, Lweire, Iria, Ana Romero, Adriana Piñeiro, Salomé, Sabela, María González, María García e Sofía. Tamén: Carlota, Alba e Nicole.
- Goles: 0-1, m.13: Sofía; 0-2, m.30: Sofía; 0-3, m.50: Sofía; 0-4, m.73: María González; 0-5, m.85: María González.
Tiña que subir Peta (Valeria Gasco) co equipo A pola lesión de Rosío, e o filial xalleiro tiña que meter unha xogadora de campo, Cali, baixo paus. Este feito condicionou un partido a priori máis igualado, a pesar de que Cali fixo boas intervencións. Pero en fronte, as Miúdas souberon lanzar as súas armas, con Leire e Adriana filtrando balóns aos espazos con Sofía e María González moi rápidas arriba. Tivo o Xallas algunha ocasión para meterse no partido pero a falta de acerto, e a expulsión na segunda dunha xogadora local permitiron ir ampliando a vantaxe.
Corcubión - Ponteceso (3-0)
- Corcubión: Xiana, Alexandra Lojo, Zaira, Carla, Antía, Lucía Garea, Helena, Ana Sierra, María Castro, Andrea Romero, Sandra López. Tamén: Lucía, María Díaz, Tati, Andrea Rod., e Sandra García.
- Ponteceso: Candela, Sabela, Nerea, Lucía, Laura Rod, Virgi, Clara, , Oanes, Lucivili, María Lema e Iria Baneira. Tamén: Lorena, Maica, Miria, e Tati.
- Goles: 1-0, m.23: Antía nun córner; 2-0, m.40: Alexandra Lojo de fermosa falta directa; 3-0, m.50: María Castro.
O mellor partido do curso das de Rubén Castillo, ante un Ponteceso cheo de baixas, deparou a vitoria das de San Marcos. As locais saíron con boa intención de xogo, tentando combinar e ser dominantes. Aínda así os dous primeros goles chegaron a balón parado. Puido chegar algún máis pero o falta de acerto ou o bo facer da porteira visitante (deuse a circunstancia de que se colocoou Candela de porteira, como a semana pasada, e María Lema, habitual baixo paus, xogou diante) o impediron.
Así e todo, as de Pablo intentaron meterse no partido e tiveron un par de boas ocasións por medio de Luci Vili e Clara. O terceiro ao comezo da segunda xa deixaría o partido sentenciado.
Cerqueda - A Baña (6-1)
- Cerqueda: Inés, Uxía, Aroa, Alba, Saray, Antía, Raquel, Irene, Sara, Tania e Lorena. Tamén: Blanca, Valeria e Érika.
- Goles: 1-0, m.1: Uxía; 1-1, m.22: Raquel Castro; 2-1, m.26: Uxía de fermosa falta; 3-1, m.59: Valeria; 4-1, m.81: Uxía; 5-1, m.85: Valeria; 6-1, m.89: Valeria.
Foi un partido máis competido do que reflexa o marcador. As locals saíron ben e abrían o marcador moi pronto, pero reaccionaban as de Leticia, que conseguían empatar. Costáballe saír con claridade ás locais, e foi Uxía, a mellor do partido, marcaba de falta.
Saíron mellor as de Miguel Ángel e Jorge, e sentenciaron pronto, completando doble triplete, de Uxía e da cadete Valeria.
Dubra - Cabana (0-1)
- Cabana: Miriam, Idania (Nuria), Mireia, Aroa, Valeria (Sabela), Inma, Alejandra (Iria), Laura, Silvia (Marta), Adriana, Nerea (Natalie).
- Gol: 0-1, m.40: Adriana.
O Cabana visitaba o Dubra e as cabanesas empezaban algo despistadas con algunha perda en defensa que puido crear apuros pero foronse sobrepoñendo e comenzaron a levar o mando do partido ante un ben plantado e combativo Dubra. Era Adriana de tiro cruzado a que adiantaba ás de José Manuel ante do descanso.
No segundo tempo seguía levando o peso do partido o Cabana pero as dubresas tamen chegaban con perigo e Miriam tiña que empregarse a fondo. No último tramo o Cabana manexou a situación e fixose cos tres puntos.
Crónicas da #LigadaCostaFEM
- X.6: O Juan Cabrejo non perdoa.
- X.5: O Camariñas non cede nin co Cabana.
- X.4: 4 equipos seguen invictos.
- X.3: Xornada a medias moi igualada.
- X.2: Corcubión e Camariñas, un paso por diante.
- X.1: Comezou a rodar o balón.
Crónicas da 1ª e 2ª Div.
- X.8: Muxía e Dumbría demostran o potencia do Fútbol da Costa.
- X.7: Cee, Dumbría e Corme pegan un salto.
- X.5: No pelotón.
- X.4: Muxía e Tordoia presentan candidaturas<7a>.
- X.3: O Muxía mete medo.
- X.2: O Corme superou ao Dumbría nun partido máis igualado do que sinala o marcador.
- X.1: 1ª e 2ª FUTFEM: O Muxía presenta credenciais.